Datos Identificativos | 2018/19 | |||||||||||||
Asignatura | Enfermaría Comunitaria II | Código | 750G01019 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Sesións para introducir ao alumnado nos temas novos de cada bloque temático, esclarecer conceptos e sobre todo para significar o contido do bloque en relación ao aprendido na materia Enfermería Comunitaria I. |
Aprendizaxe colaborativa | Resolución de problemas ou desenvolvemento de tarefas de modo colaborativo, non só sumando talento individual, se non aprendendo a construír un grupo con capacidade para resolver problemas e ofrecer respostas creativas ante os novos escenarios sociais que poidan atopar. |
Lecturas | Lectura de literatura científica recente, ou de documentos de traballo que poden ser de interese para a actualización do alumnado ou para a mellora das competencias esperadas, pero que non se atopan habitualmente nos libros de referencia sobre a materia. |
Estudo de casos | Proposta de resolución de casos ficticios ou anónimos para familiarizar ao alumnado coa aplicación e a utilidade real do que está a aprender. |
Proba mixta | Proba escrita con diferentes tipos de preguntas |