Datos Identificativos | 2018/19 | |||||||||||||
Asignatura | Estancias Clinicas II | Código | 750G01026 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Prácticas clínicas | A62 B1 B3 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B13 B14 B15 B16 B19 B20 B24 C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12 | Informe da profesora asociada de prácticas clínicas, en coordinación coa responsable de cada unidade de enfermaría. Avaliaranse as seguintes competencias: 1) Comunicación/Relación 2) Proceso Enfermeiro 3) Alteracións da Saúde/Ciclo Vital 4) Técnicas e Procedementos 5) Traballo en Equipo 6) Ética Profesional |
80 |
Traballos tutelados | B1 B3 B5 B7 B8 B9 B11 B13 B14 B15 B16 C1 C10 C11 | Presentación e defensa dun traballo final. | 20 |
Observacións avaliación | |||
PRIMEIRA E SEGUNDA OPORTUNIDADE As prácticas clínicas son obrigatorias e non existen faltas xustificadas, polo que as ausencias debidamente acreditadas deberán recuperarse, sempre que non excedan do 50% das planificadas. As non xustificadas constitúen unha infracción grave e poden supoñer, a criterio do profesor titular responsable, o suspenso da materia. A recuperación das prácticas realizarase no período establecido polo profesor, antes da data de peche de actas. As datas e horarios nas que cada estudante realizará as prácticas clínicas faranse públicas antes do inicio destas. A aplicación das porcentaxes correspondentes realizarase sempre e cando o alumno teña as dúas probas (Prácticas Clínicas e Traballos Tutelados) superadas de xeito independente. Cando o alumno non supere de xeito independente as dúas probas supoñerá a cualificación de SUSPENSO en acta. A cualificación numérica obterase establecendo un mínimo en cada unha das partes. O feito de non presentar o Traballo Tutelado e ter superado as prácticas clínicas implica figurar en acta como NON PRESENTADO, podendo presentalo na segunda oportunidade. As probas superadas na primeira oportunidade conservaranse para a segunda oportunidade, coa cualificación obtida. Os estudantes que no demostren ter acadado as competencias avaliadas na práctica clínica na primeira oportunidade, serán sometidos a un exame práctico que deberán superar para poder acceder novamente ao entorno clínico e proceder á recuperación desta parte da materia. A materia atenderá ao establecido no Regulamento de Prácticas Clínicas e Prácticum da Facultade de Enfermaría e Podoloxía, vixente no curso académico. MATRÍCULA DE HONRA: Poderán optar a matrícula de honra aqueles estudantes cunha media superior ao 9,5 quedando supeditada á consideración dos profesores da materia, se así o estimasen oportuno. |