Traballos tutelados |
B13 |
realización de traballos tutelados |
10 |
As cualificacións dos traballos tutelados e da sua exposición, so computarán na cualificación final, se se supera o 50% da cualificación da proba mixta. No caso de non presentarse ou non superar a proba mixta na primeira oportunidade, as cualificacións dos traballos tutelados e a sua presentación, computarán nas seguintes oportunidades se se supera o 50% da calificación da proba mixta. A cualificación de Non Presentado, outorgarase no caso de que non se presente á proba mixta ou non realice os traballos tutelados e a sua presentación. A cualificación de Matricula de Honra, dado o seu caracter graciable, concederase automaticamente ao alumnado que obteña 10 na cualificación media da materia. De haber mais alumnos/as con esa cualificación que matriculas se poidan outorgar pola cota oficial establecida, convocaranse a todos eles para a realización dunha proba específica de desempate. A proba consistirá nun novo exame de caracteristicas similares ás da proba mixta. O exame fixaráse en data e hora de acordo cos interesados. Alumnado en matrícula parcial. O alumnado en matricula parcial debe de comunicalo obrigatoriamente ao profesor responsable da materia ao comenzo do curso. Para este alumnado é obrigatorio a realización do 100% dos traballos tutelados. Oportunidade adiantada de avaliación. O alumnado que se atope nos supostos recolleitos na normativa de xestión académica da UDC, disporá desta opción para superar a materia mediante unha proba escrita de características similares á a recollida no proceso de avaliación que terá un peso do 100% da cualificación final.
|