Prácticas a través de TIC |
Actividade na que os alumnos deberán aplicar a teoría da materia a datos reais mediante a utilización de ferramentas informáticas. Traballarase na aula de informática mediante o programa estatístico SPSS, apoiándose en outras ferramentas ofimáticas e de análise de datos epidemiolóxicos, así como recursos web. Os alumnos aprenderán a elaborar unha base de datos e realizar diferentes análises estatísticas, incidindo na proba estatística máis axeitada en cada caso e a interpretación dos seus resultados. |
Proba mixta |
Ó finalizar o curso realizarase unha proba escrita que combinará preguntas de resposta múltiple, resposta breve e a resolución de exercicios de analise estatística de datos e interpretación de resultados, sobre os contidos desenvolvidos na materia.
|
Solución de problemas |
Plantearase ós alumnos diferentes problemas que deben resolver de xeito individual mediante a aplicación dos coñecementos trabajados no resto da materia |