Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Seminario A19 A20 B3 B9 B12 C1 Nos seminarios desenvolveranse actividades que elaborará o alumnado de maneira individual ou en grupo e que terá que entregar en tempo en forma tal e como estará descrito para cada actividade no apartado correspondente da materia na facultade virtual da UDC. En cada actividade especificarase o obxectivo da mesma, os requisitos de formato e a súa puntuación correspondente.
Para que as actividades sexan cualificadas e computen na cualificación final o alumnado deberá asistir e participar nas actividades planificadas nos seminarios, excepto os alumnos/as matriculados a tempo parcial
20
Prácticas clínicas A22 A23 B3 B14 B18 B19 C1 Asistencia obrigatoria ao 100% das prácticas para todo o alumnado en calquera modalidade de matrícula. Na cualificación das prácticas clínicas terase en conta a aplicación dos coñecementos á práctica, especialmente os relacionados coa exploración e análise podolóxico do deportista, así como o diagnóstico, planificación de tratamentos e seguimento dos pacientes tratados. 10
Proba mixta A19 A20 A22 A23 B12 Proba escrita na que se combinarán preguntas de resposta obxectiva tipo resposta múltiple, ordenación ou relación de contidos, con preguntas de resposta aberta orientadas estas últimas á resolución de cuestións relacionadas con aspectos clínicos (diagnóstico, tratamento, etc.) de afeccións podolóxicas asociadas á práctica deportiva.

A puntuación das preguntas desta proba especificarase na normativa que se adxunta ao exame. De maneira xeral, do 70% da cualificación final que lle corresponde a esta proba sobre o 100% da cualificación final, entre un 20% e un 30% corresponderá á parte obxectiva, entre un 30% e un 40% a preguntas de resposta aberta, e de incluírse, entre un 10% e un 20%, ao caso clínico (entre as 3 porcentaxes deben de sumar o 70% correspondente)

Para superar a materia, á marxe das cualificacións obtidas noutras metodoloxías, é necesario obter un 50% da puntuación total desta proba (3.5 puntos sobre os 7 que ten en total a proba).
70
 
Observacións avaliación
  1. Para superar a materia é obrigatorio asistir ás prácticas clínicas e superar o exame (50% do seu valor total).
  2. As cualificacións das prácticas clínicas e os seminarios só computarán na cualificación final se se supera o 50% da cualificación da proba mixta. No caso de non presentarse ou non superar a proba mixta na primeira oportunidade, as  cualificacións das prácticas clínicas e os seminarios computarán na segunda oportunidade se se supera nesa oportunidade o 50% da cualificación da proba mixta. A cualificación que figurará no acta en caso de non superar a proba mixta, será a cualificación do exame calculada sobre o 100% da avaliación. 
  3. En segunda e sucesivas matrículas non computarán as cualificacións dos cursos anteriores
  4. A cualificación de Non Presentado outorgarase no caso de que non se presente á proba mixta ou non realice o 100% das prácticas clínicas.
  5. A cualificación de matrícula de honra, dado o seu carácter graciable, concederase automaticamente ao alumnado que obteña un 10 na cualificación media da materia. De darse o caso de que haxa máis alumnos/as con esa cualificación que matrículas se poidan outorgar pola cota oficial establecida, convocarase a todos os alumnos/as para a realización dunha proba específica de desempate, proba que consistirá en novo exame de características similares ás da proba mixta, exame que se fixará en data e hora de acordo cos interesados/as. En caso de non existir ningún alumno/a con cualificación de 10, todo o alumnado que obteña unha cualificación media igual ou superior a 9.5, poderán optar á matrícula de honra previa solicitude ao profesor e mediante a superación da proba anteriormente descrita. No caso de que non existan solicitudes expresas de opción a matrícula, o profesor se reserva a potestade de outorgalas naqueles casos que, cumprindo o requisito de cualificación media, puidesen ser merecedores de matrícula pola aptitude e a actitude demostradas durante o desenvolvemento da materia
  6. Alumnado en matrícula parcial: O alumnado en matrícula parcial debe de comunicalo obrigatoriamente ao profesor responsable da materia ao comezo do curso. Para este alumnado é obrigatorio ao 100% a realización das práctica clínicas. A cualificación dos seminarios pode obterse mediante a realización de traballos dirixidos que o alumno/para realizará de forma autónoma.
  7. Oportunidade adiantada de avaliación: O alumnado que se atope nos supostos recolleitos na normativa de xestión académica da UDC dispoñerá desta opción para superar a materia mediante unha proba escrita de características similares á recollida no proceso de avaliación que terá neste caso un peso do 100% da cualificación final 
  8. Na realización dos traballos da materia, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, será cualificado con suspenso (0,0) na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento.