IMPORTANTE PRÁCTICAS DE LABORATORIO Para as prácticas de laboratorio é un requisito imprescindible para a súa realización acudir ás mesmas provistos de bata branca, lentes de protección, máscara, bolígrafo e tesoiras multiusos. Na primeira clase do curso, estableceranse os grupos de prácticas para configurar o cronograma e a relación de materiais necesarios para as prácticas de laboratorio, polo que é básico asistir a esa primeira clase da materia. Para axudar a conseguir
unha contorna inmediata sustentable e cumprir co obxectivo da acción número
5:
“Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do "Plan
de Acción Green
Campus Ferrol": - A
entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia realizarase entregaranse
en formato dixital e en papel sen empregar plásticos, con impresións a dobre
cara, empregando papel reciclado e evitando a impresión de borradores.
- Débese facer un uso
sostible dos recursos
e a prevención de impactos negativos sobre
o medio natural tendo en
conta a importancia dos principios
éticos relacionados cos valores da sostenibilidade
nos
comportamentos persoais e profesionais
- Facilitarase a plena
integración do alumnado que por razón
físicas, sensoriais, psíquicas
ou socioculturais, experimenten
dificultades a un acceso axeitado, igualitario
e proveitoso á vida universitaria
- Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes
sexistas, e influirase na contorna para
modificalos e fomentar valores de
respecto e igualdade, no caso de detectar
situacións de
discriminación por razón de
xénero tomaranse medidas para corrixilas.
Na
realización dos traballos da materia, o plaxio e a utilización de material non
orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da
súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, será cualificado con suspenso
(0,0) na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias
ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento. |