Datos Identificativos | 2018/19 | |||||||||||||
Asignatura | Prácticum 1 | Código | 750G02033 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 12 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Prácticas clínicas | A36 A37 A38 A39 A40 A41 A42 A43 A46 A47 A50 A55 A60 B2 B3 B7 B13 B14 B16 B18 B19 | A asistencia ás prácticas clínicas é obrigatoria para todo o alumnado independentemente da súa modalidade de matrícula. Poderase optar a superar o Prácticum I con ausencias xustificadas baixo os seguintes supostos: 1. Un máximo de 3 ausencias xustificadas sen penalización na cualificación 2. Desde a 4ª á 7ª ausencia xustificada penalizarase con 0.25 puntos por ausencia na cualificación da avaliación continua do rotatorio no que se produza a ausencia * Non computarán como faltas aquelas actividades formativas (xornadas, congresos ou cursos) que, estando previstas e organizadas pola UDC, teñan interés formativo para o alumnado do Prácticum I. A partir de 8 faltas xustificadas (incluída a 8ª) ou de calquera número de faltas sen xustificar, non se poderá optar a superar o Prácticum na matrícula do curso corrente. A motivación xustificada das faltas será a contemplada para os procesos de avaliación no artículo 12 das Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e máster universitario, aprobada polo Consello de Goberno da UDC. Calquera suposto que se presente no límite da presente norma poderá ser revisado polo conxunto de profesorado do Prácticum para o curso en vigor, debendo adoptar unha resolución por unanimidade e a condición de que o alumno/a demostrase a adquisición das competencias superando os requisitos de avaliación previstos para o Prácticum I. A avaliación das prácticas clínicas consiste na avaliación das competencias a adquirir polo alumno/a en o Prácticum I tendo en conta o carácter gradual de adquisición das mesmas segundo quedará recollido no ANEXO Á GUÍA DOCENTE DO PRÁCTICUM I. A cualificación das prácticas clínicas obtense do sumatorio das cualificacións parciais nos diferentes rotatorios en avaliación continua e dos exames prácticos ao final de cada rotatorio en función da seguinte distribución porcentual: • Rotatorio do Servizo de Quiropodoloxía e Cirurxía: 35% da cualificación final repartida ao 50% entre a avaliación continua e o exame práctico final • Rotatorio do Servizo de Biomecánica e Ortopodoloxía: 35% da cualificación final repartida ao 50% entre a avaliación continua e o exame práctico final • Rotatorio do Servizo de Dermatoloxía: 10% da cualificación final repartida no 75% da avaliación continua e un 25% para a resolución de caso clínico Para superar a materia é requisito indispensable superar o 50% da cualificación da avaliación continua de cada un dos rotatorios e o 50% da cualificación de cada un dos exames prácticos. Na 2ª oportunidade só poderán optar a superar a materia aqueles alumnos/as que superando a avaliación continua non superasen o exame práctico, ou cando o sumatorio total das cualificacións non supere a nota mínima para superar o Prácticum I (5) debido á cualificación do Portafolio do alumno/a. Para ambos os supostos no calendario académico quedará fixada unha data para as novas probas de exame práctico e/ou nova entrega de actividades de portafolio. As cualificacións parciais de todos os ítems que conforman aavaliación do Prácticum I puntuaranse na escala 0-10 para posteriormente obter o seu peso porcentual correspondente na cualificación final. |
80 |
Portafolios do alumno | A48 A49 A51 B5 B6 B12 C3 C4 C5 | As actividades do Portafolio forman parte da cualificación final da materia de maneira sumativa á cualificación das prácticas clínicas. A súa realización é obrigatoria pero non existe unha puntuación mínima que condicione a superación do Prácticum I, establecéndose como requisito mínimo para superar a materia presentar o total das actividades propostas no tempo e a forma previstas para iso. A elaboración do vídeo tutorial computará un 75% do peso da calificación do portafolio, mentres a calificación do Seminario de actuacións en situacións de emerxencia e administración de medicamentos, computará un 25%. As actividades serán supervisadas e avaliadas polo titor/a que quede asignado a cada grupo, sendo cada titor/a responsable da cualificación e revisión da mesma. |
20 |
Observacións avaliación | |||
Matrícula de Honra: A cualificación de Repetición de Prácticum I: Non superar o requisito Non presentado: A Alumnado de mobilidade (Erasmus , SICUE, Bilateral): A cualificación do alumnado de mobilidade realizarase só pola avaliación continua nos rotarorios. No caso de suspenso na mesma, poderán superar a materia superando as probas prácticas do rotatorio suspenso. Mentores ERASMUS e Bilateral: Ao comezo da materia proporase a todo o alumnado a posibilidade de, voluntariamente, participar como mentores/as do alumnado. De se presentar máis voluntarios/as dos necesarios, farase una selección pola nota do expediente académico, tendo en conta, de ser o caso, a certificación oficial de coñecemento do idioma do alumnado de mobilidade (segundo o nivel del coñecemento do idioma engadirase a nota do expediente de 0,5 a 3 puntos). A participación como mentor sumará ata 0,5 puntos á cualificación final da materia do alumnado mentor. |