Lémbrase que para poder realizar o Practicum I o alumno/a debe
de superar 90 créditos ECTS da titulación entre os cales deben de estar
obrigatoriamente os das seguintes materias chaves: Podoloxía Xeral, Biomecánica, Ortopodología I, Ortopodología II, Quiropodología I e Quiropodología II. O Practicum I é materia chave á súa vez para o Practicum II e Parcticum III
Todos os asuntos relacionados coa organización e
planificación da materia deben de ser remitidos ao correo do profesor
coordinador da materia falonso@udc.gal Recomendacións Sostenibilidade Medio Ambiente, Persoa
e Igualdade de Xénero - Os traballos documentais do portafolio solicitaranse en formato informático
- Toda a información da organización do Prácticum I estará disponible en Moodle en formato PDF para ser descargada ou consultada en liña sen necesidade de realizar a impresión de esta. No caso de ter que imprimila recoméndase:
- Impresións a dobre cara
- Empregar papel reciclado
- Como parte dos valores do Practicum I traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes
sexistas, e influirase na contorna para
modificalos e fomentar valores de
respecto e igualdade, así como facilitarase a
plena integración do alumnado que
por
razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten
dificultades a un acceso axeitado, igualitario
e proveitoso á vida universitaria
- É recomendable facer un uso sostible dos recursos e a prevención
de impactos negativos sobre
o medio natural (por exemplo, evitar mercar botellas de auga de plástico ou empregar unha para encher de auga da fonte da clínica universitaria)
|