Metodoloxías
Prácticas a través de TIC
Proba práctica
Descrición
As prácticas a través de TIC requiren unha atención personalizada ao alumnado para guialo no proceso de aprendizaxe. Esta realizarase indivualmente para cada alumno, co obxectivo de resolver as dúbidas que xurdan no proceso de ensinanza-aprendizaxe.

Para o alumnado que se atope en condicións de solicitar o réxime de estudos a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, acordarase ao inicio do curso un calendario específico de titorías compatible coa súa dedicación, motivo polo cal dito alumnado deberá porse en contacto coa profesora da materia antes do 30 de setembro.