Datos Identificativos | 2018/19 | |||||||||||||
Asignatura | Debuxo Industrial e CAD | Código | 770G01029 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Optativa | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | A materia impartirase en módulos teórico-prácticos de 1.5 horas. Con anterioridade ao día en que se imparta a materia, indicaranse a relación dos coñecementos previos necesarios e o resumo dos conceptos sobre os que se traballará, proporcionando a información bibliográfica correspondente. Cada Tema iniciarase coa exposición do profesor, que axudará ao estudante a extraer os conceptos máis relevantes, marcando os obxectivos perseguidos. Introduciranse os aspectos teóricos imprescindibles para fundamentar os contidos prácticos, que deberán prevalecer. |
Aprendizaxe colaborativa | Co fin de preparar aos alumnos nunha aprendizaxe autónoma, exponse a realización de traballos guiado sempre polo profesor, Os obxectivos perseguidos son, entre outros, que o alumno: - Xestione, seleccione e sexa capaz de sintetizar a información que necesite. - Coñeza a normativa vixente que haberá de ter en conta no traballo profesional de enxeñaría. - Aplique os seus coñecementos teóricos á representación de pezas ou instalacións industriais - Desenvolver e potenciar nos estudantes habilidades de comunicación, procura de información, resolución de problemas. |
Seminario | Nestas clases os alumnos formaranse no uso da ferramenta de deseño 3D |
Prácticas de laboratorio | O alumno traballará con programas de CAD desde o primeiro día co obxectivo de afianzar a súa habilidade no debuxo mediante programas de debuxo asistido por computador, familiarizarse co traballo en 3D, así como na elaboración e interpretación de planos. |
Proba obxectiva | A proba terá carácter fundamentalmente práctico e consistirá na resolución dun número determinado de problemas |