A dinámica das prácticas require unha comunicación frecuente entre o profesor encargado e os alumnos; toda a información e documentación necesaria para o desenvolvemento das prácticas será publicada en Moodle. Os alumnos deben consultar a plataforma coa frecuencia necesaria para estar puntualmente informados. A matricula das prácticas externas no poderá ser modificada dende o dia que comeza o segundo cuatrimestre. Aconséllase aos alumnos que lean detidamente o Regulamento de prácticas externas da UDC (dispoñible en https://www.udc.es/practicasexternas/). |