Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
Asignatura | Literatura e Xénero (Ámbito Hispánico) | Código | 613584111 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Optativa | 3 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Traballos tutelados | A3 A14 A7 A10 A8 A9 A12 B4 B5 B6 B7 B8 B10 B3 C1 C3 C4 C7 C5 C6 C8 | Os alumnos prepararán un traballo sobre algún aspecto relacionado coa materia que a profesora determine. Valorarase a aportación que o estudante faga, a organización das ideas, a orixinalidade, a fundamentación científica... Tamén serán tidas en conta as cuestions formais (presentación, expresión, sistema de citas, referencias bibliográficas...). |
40 |
Obradoiro | A2 A3 A10 A9 C2 C7 C6 C8 | Valorarase a participación nas aulas, así como os exercicios e actividades que o alumno leve a cabo nas distintas sesións, atendendo á súa capacidade crítica e ás súas achegas. | 10 |
Proba mixta | A3 A14 A7 A10 A8 A9 A12 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C3 C4 C7 C5 C6 C8 | En cada unha das oportunidades (final de cuadrimestre e xullo), realizarase unha proba mixta na que, a través de preguntas e exercicios varios, o alumno demostrará ter acadados os coñecementos e competencias previstas. Será moi importante tamén que neste exercicio ofreza unha expresión acorde ao nivel dunha titulación de posgrao. |
30 |
Eventos científicos e/ou divulgativos | B5 B7 B10 C5 C7 | Os estudantes asistirán a algún evento ou conferencia das que se celebren no marco dalgún proxecto ou grupo de investigación e farán unha recensión completa da mesma; valorarase a comprensión da exposición e que saiban dar conta dela de modo completo e organizado. No caso de que non se poda contar con esta posibilidade, buscarase algunha outra actividade. |
20 |
Observacións avaliación | |||
A profesora aceptará únicamente actividades e exercicios realizados e entregados na data que se estableza, en soporte de papel e seguindo as normas que se precisen en cada caso. Non se poderá Dase por suposta a asistencia ás aulas, que é obrigatoria; se algún alumno xustifica debidamente a imposibilidade de acudir ao evento divulgativo ou científico previsto, a profesora deseñará algunha outra proba ou traballo coa que se poda subsanar esa parte da avaliación. Aquel estudante que conte con dispensa de asistencia recoñecida será avaliado mediante a proba mista (50%) e o traballo tutelado (50%); debe poñerse en contacto coa profesora ao inicio do curso para establecer con precisión o mecanismo de seguimento da súa actividade (especialmente para a fixación das datas da realización das probas). A expresión do estudante nas distintas probas, exercicios e actividades levadas a cabo ha ser a que corresponde a unha titulación de posgrao (non só se tomará en conta, xa que logo, a correción ortográfica e gramatical). No caso de que a expresión dos exercicios e traballos realizados fóra da aula non garden relación coa das probas e exercicios que o estudiante realiza na aula baixo o control da profesora, para avaliar a expresión tomaranse como referencia os escritos que aquel ten elaborado sen axuda externa. |