Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Exame dos coñecementos previos relacionados coa materia. Actividades para coñecer as competencias, intereses e motivacións do alumnado. Preténdese obter información relevante que permita articular unha docencia que favoreza a aprendizaxe eficaz e significativa.
Sesión maxistral Exposición teórico-práctica. Agárdase que o alumnado se implique nestas sesións de forma participativa.
Traballos tutelados Traballos orixinais sobre aspectos relacionados coa materia obxeto de estudio, consensuados co profesorado.
Lecturas A lectura de textos literarios e bibliográficos será necesaria para a elaboración dos traballos propostos nos obradoiros e do traballo tutelado.
Obradoiro Combinación de diversas metodoloxías e probas (exposicións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc.) a través das que o alumnado desenvolve tarefas sobre un tema específico co apoio e supervisión do profesorado.