Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
Asignatura | Literatura Portuguesa 2 | Código | 613G02037 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Cuarto | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Lecturas | Cada alumno/a realizará a lectura de unha serie de monografias, artigos ou capítulos de libro relativos aos conteúdos focados na materia e recollidas por extenso nunha listaxe fornecida polo profesor no inicio das sesións. Destas leituras, un artigo ou capítulo de libro será obxecto de presentación oral e un dos libros escollidos das "lecturas obrigatorias" da recensión bibliográfica. Os restantes libros de leitura obrigatoria serán traballados na sala de aulas de acordo coas instrucións fornecidas polo profesor no inicio das sesións. |
Presentación oral | Cada alumno/a deberá presentar oralmente ao conxunto da turma os resultados do Traballo Tutelado realizado e as principais cuestións focadas no artigo ou capítulo de libro que lle for atribuído. Os materiais utilizados nas exposicións orais (diapositivos, esquemas, etc.) serán disponibilizados para o coxunto do grupo através do Moodle. A calidade da lingua utilizada, os recursos e estratexias expositivas empregados, así como a clareza e arrumazón dos contidos vehiculados deben ser tamen levados en conta polo alumnado neste tipo de actividade. |
Recensión bilbiográfica | O alumnado realizará a "Recensión bibliográfica" individual de un dos libros escollidos entre a listaxe de "lecturas obrigatorias". A correspondente recensión será disponibilizada para o conxunto do grupo a través do Moodle. |
Estudo de casos | Comentario e análise crítica de materiais de vario tipo relativos aos contidos focados na materia. Poderán ser realizados presencialmente na sala de aulas ou de forma autónoma polo alumnado. |
Sesión maxistral | Presentación, desenvolvemento e análise de conteúdos teóricos e procedementais fundamentais para o alumnado atinxir as competencias e destrezas previstas na materia. |
Traballos tutelados | Utilizando metodoloxías con base na "aprendizaxe colaborativa", o alumnado realizará en grupos reducidos un traballo tutelado (focado de preferencia para a pesquisa, a documentación e a divulgación de conteúdos) do cal se derivará tamén a correspondente "Presentación Oral". Tanto a composición do grupo como o(s) asunto(s) concreto(s) focado(s) no traballo será(n) acordado(s) co profesor no inicio das sesións. |