A identidade profesional do titulado en Comunicación Audiovisual da Universidade da Coruña, desenvólvese nos catro ámbitos establecidos a nivel supranacional pola ANECA, e feitos públicos no Libro Branco dos títulos de grado de Ciencias da Comunicación. Ún destes perfís é o de investigador, docente e experto en estudios visuais. Este perfil atende ao desenvolvemento de tarefas de especialista en investigación e análise de fenómenos e procesos de comunicación audiovisual, amais de posible docente na área e consultor profesional. A materia Teoría da Comunicación Audiovisual pretende dar resposta a este perfil, ofrecendo ao alumno a posibilidade de se introducir nalgunas das metodoloxías de investigación do audiovisual actual, así como na escritura e exposición científica dos resultados do traballo de investigación no seu ámbito científico.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías