Descrición xeral |
ESTA MATERIA TEN EXTINGUIDA A SÚA DOCENCIA SEGUNDO O CALENDARIO DE APLICACIÓN DO GRADO DOS ESTUDOS DE ARQUITECTURA
O desenvolvemento do curso lévase a cabo a partir de clases teóricas e obradoiros, que en parte desenvolveranse en común coa materia de proxectos IX. Preténdese influír nun ámbito territorial inacabado, dende as operacións de rexeneración urbana necesarias para unha intervención urbana adecuada ata o momento actual. Trátase de actuar en espazos que non teñen a necesaria accesibilidade, a necesaria integración de usos e tipos de construción, para propoñer unha acción que, baseándose na formalización do espazo colectivo público e privado, na mellora da urbanización e na adecuada resposta edificativa ás condicións existentes, propoñer respostas rehabilitadoras nos seus aspectos ambientais e de construción. |