Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introducción de preguntas dirixidas aos estudantes. Ao longo destas sesións presentaranse os contidos básicos da materia
Lecturas O profesor facilitará lecturas aos alumnos de textos relacionados cos contidos teóricos.
Portafolios do alumno O alumnado rexistrará nun portafolios os exercicios, lecturas e prácticas derivados dos contenidos teóricos
Estudo de casos Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.