Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
Asignatura | Tecnoloxía para profesorado de educación secundaria obrigatoria | Código | 652602211 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | Anual |
Primeiro | Obrigatoria | 5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Presentación oral | Presentación na aula dos traballos tutelados propostos polo estudante. |
Aprendizaxe servizo | Presentación da aprendizaxe adquirida con traballos tutelados orientados a necesidades reais da súa contorna coa fin de mellorala, que se fará a algunha entidade colaboradora co obxectivo de proporcionar un servizo á comunidade. Esta actividade e a anterior son excluíntes, de tal xeito que o alumnado só realizará unha delas. O número de horas totais dedicado polo tanto a esta actividade será a suma das horas planificadas para cada unha, é dicir, 2 horas de traballo presencial e 14 horas de traballo autónomo. |
Traballos tutelados | Traballos realizados polo alumno para aprofundar e afianzar os coñecementos sobre diferentes aspectos das tecnoloxías. Os traballos tutelados non serán necesariamente presenciais, facilitando así a súa realización para aqueles alumnos que non poidan asistir ás sesións presenciais ou o fagan de xeito parcial mediante a modalidade de matriculación a tempo parcial. A entrega e presentación dos traballos será flexible segundo as necesidades deste alumnado. |
Prácticas a través de TIC | O alumno estudará a aplicación práctica dalgúns dos contidos teóricos vistos nas clases maxistrais. Nestas prácticas o alumno utilizará diferentes ferramentas propostas polo profesor. As prácticas non serán necesariamente presenciais, facilitando así a súa realización para aqueles alumnos que non poidan asistir ás sesións presenciais ou o fagan de xeito parcial mediante a modalidade de matriculación a tempo parcial. A entrega das prácticas será flexible segundo as necesidades deste alumnado. |
Lecturas | Lectura de material bibliográfico e búsqueda de fontes de información para a realización dos traballos tutelados propostos polo profesor. |
Proba mixta | Proba escrita de resolución de cuestións e exercicios prácticos sobre os contidos da asignatura. |
Sesión maxistral | Exposición dos contidos teóricos da asignatura dacordo cos resultados de aprendizaxe. |