Traballos tutelados |
A4 A14 A20 A22 A23 A24 A27 A28 C3 C5 C8 |
"Proxecto de innovación en EF": Este traballo consiste en deseñar e xustificar un proxecto de innovación educativa na área de Educación Física, dirixido a poboacións de Educación Secundaria e/ou Bacharelato . As características que debe cumprir este traballo atópanse detalladas no anexo 1 (Campus Virtual UDC). |
60 |
Presentación oral |
A21 A22 A23 A26 C1 C4 C8 |
Os grupos formados na primeira sesión terán que realizar unha presentación oral en formato Pecha Kucha, dunha tarefa marcada pola profesora. |
10 |
Primeira oportunidade: para acceder á avaliación descrita anteriormente, será obrigatoria a asistencia ao 80% das horas presenciais da materia. É necesario superar unha puntuación mínima nos distintos apartados da avaliación para que fagan media entre eles.
Segunda oportunidade: ao alumnado que asistise a máis dun 80% das horas presenciais na primeira oportunidade, conservaránselle as cualificacións que alcanzasen a puntuación mínima sinalada polo profesorado. Terá que repetir as partes da avaliación nas que non alcanzase ese mínimo.
O alumnado que non asista ao 80% das horas presenciais da materia (xa sexan alumnos a tempo parcial, con dispensa académica de exención de asistencia ou por outros motivos), ten á súa disposición un modelo de avaliación alternativo, que será o mesmo para ambas as oportunidades: proba mixta (100%), realizada na data marcada oficialmente pola Universidade da Coruña e na que se deberá demostrar o dominio dos contidos teórico-prácticos da materia.
|