Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
Asignatura | Psicoloxía do desenvolvemento de 6 a 12 anos | Código | 652G02002 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Seminario | A introdución dos temas, o plantexamento de propostas actuais e contemporáneas acerca do coñcemento deste intervalo de edade supón a finalidade de crear contextos de aprendizaxe e posibilitar construcción de coñecementos en cada módulo de aprendizaxe así como na tarefa de inicializar o coñecemento de contidos e estimular a súa búsqueda e indagación así como a función dos mesmos para o futuro mestre/a |
Actividades iniciais | Actividades que se levarán a cabo no inicio do proceso de ensino-aprendizaxe a fin de establecer as competencias, intereses e/ou motivacións iniciais que posúe o alumnado así como a explicación da finalidade que pretendemos coa asignatura e o seu lugar no proceso de ensinar e aprender. Así mesmo, pretenderemos estimular o coñcemento e actividade co obxeto de que participen na búsqueda e construcción de coñecemento novo. |
Aprendizaxe colaborativa | Trátase de xerar actividades de interacción entre o alumnado que supoñan por en funcionamento tanto a capacidade de aprender socialmente como o de crear novos esquemas de coñecemento social na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas relativas a cada tema asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo |
Traballos tutelados | Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma do alumnado baixo a tutela do profesor en escenarios alleos ao da aula. Trátase de identificar, analizar e estudar as características evolutivas do alumnado de primaria a través da observación, de autoinformes e de estudos co obxeto a poder comprender como actúan, como pensan e como se desenvolven do xeito mais real posible. |
Proba obxectiva | Proba escrita utilizada para a avaliación sumativa da aprendizaxe dos contidos teóricos e prácticos. Será realizada en función de preguntas tipo con duas respostas posible: verdadeiro-falso. Será realizada ao remate do período formal computándose os error. |
Análise de fontes documentais | Metodoloxía na que terá que elaborar informes temáticos acerca de demandas concretas cos centros de interés na asignatura a partir da observación de alumnado de educación primaria. Todo isto farase indagando e buscando información así como realizando pequenas incursións na bibliografía e fontes documentais a través dun proceso de investigación en pequenos grupos de traballo. |
Proba de ensaio | Proba escrita onde realizares unha síntese individual dos coñecementos realizados ao longo do ciclo formativo. Sobre un suposto inicial tratarase de desenvolver un traballo creativo e cognitivo que implique relacionar todo o contido ao longo desta temporalización. Para elo contarase con tódolo material compilado ao longo deste tempo para consultar, relacionar, compilar... |