Os contidos da materia contemplan, por unha banda, o ámbito de actuación, que non é outro que o da discapacidade e, por outra, os procesos, procedementos e factores que interveñen na acción educativa en contextos non formais para inducir cambios comportamentales. En relación con este último aspecto é necesario que o alumno coñeza as distintas formas que poden adoptar os estados deficitarios e diferencie entre os factores de carácter intrapersonal do suxeito daqueloutros de natureza interpersoal e/ou contextual.
Desde unha perspectiva psicopedagóxica, a docencia dunha materia destas características para futuros educadores sociais debe fornecerlles non só os coñecementos e a metodoloxía necesaria para facer fronte ás situacións tan especiais e particulares, moitas veces distorsionadas e decepcionantes, coas que se poden atopar na súa vida profesional, senón tamén axudarlles a desenvolver unhas actitudes de reflexión, de crítica e de compromiso para abordalas de forma consistente.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías