Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
Asignatura | Fundamentos de intervención logopédica | Código | 652G04005 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba mixta | A6 A13 A14 A16 A24 A25 B7 B9 | Proba escrita na que se valorará a adquisición dos coñecementos teórico e prácticos da asignatura por medio dunha proba que incorporará todos os contidos abordados na materia. Os tipos de preguntas poderán ser de verdadeiro/falso (V/F), resposta múltiple, de asociación, de resposta curta e/ou resposta aberta/desenvolvemento. O sistema de corrección no caso das probas obxectivas será o seguinte: - Preguntas V/F: unha resposta incorrecta, restará unha resposta correcta. - Preguntas resposta múltiple: aplicarase a fórmula de corrección ao azar (acertos - erros/nº alternativas - 1) - Preguntas de asociación: unha resposta incorrecta, restará unha resposta correcta. - Preguntas resposta curta: valorarase a claridade e a capacidade de síntese e adecuación da respuesta á pregunta formulada. |
70 |
Investigación (Proxecto de investigación) | A16 A25 A32 B7 B16 B17 B19 C8 C1 | O alumnado deberá entregar, grupalmente, oresultado do proceso de investigación na modalidade seleccionada (redacción dun informe dunha institución; recensión dun libro; lectura e análise crítico de prensa; análise de materiais de intervención logopédica; etc.). O informe da investigación desenvolvida deberá presentar as seguintes aracterísticas: - Extensión entre 10-20 páginas, incluíndo índice e referencias bibliográficas. - Tipo de letra: Arial 11 puntos. Espaciado 1.5. - Incluir: portada, índice e apartados básicos dn proyecto (introducción, desenvolvemento e conclusións). - Adecuar o traballo ás Normas APA 6ª Edición (ou unha posterior se procedese). No parafraseado deben figurar as fontes orixinais das ideas que se reelaboran. A presenza de fontes científicas no traballo é un signo de credibilidade que é un requisito imprescindible para demostrar a excelencia académica. Recoméndase consultar todo o relacionado coa propiedade intelectual e cómo publicar no seguinte enlace: https://www.udc.es/gl/biblioteca/servizos/apoio_investigacion/servizos_apoio/index.html |
20 |
Presentación oral | B17 B7 C1 | Algunhas das prácticas presentaranse oralmente a fin de resolver dúbidas de cara ao examen. A única práctica puntuable na súa presentación oral será o proxecto de investigación, que se valorará en base aos seguintes criterios: - Calidade e claridade na exposición - Estilo e formato da presentación - Capacidade de expoñer públicamente - Capacidade de axustarse aos tempos esixidos - Emprego de medios e recursos innovadores. |
10 |
Observacións avaliación | |||
REQUERIMENTOS PARA SUPERAR A MATERIA:
- Asistir a clase. A asistencia a clase é obrigatoria nun 80% das sesiones tanto teóricas como prácticas. A docente poderá solicitar ao alumnado que firme unha folla tanto na entrada como na saída. - Asistir e participar en clase. A condición de alumnado asistente (80% de asistencia) supón, non só a asistencia, senón tamén a participación e aproveitamento do tempo de clase. - Acadar o 50% da calificación en cada unha das metodoloxías de avaliación para superar a materia, calquera que sexa a modalidade de avaliación á que se somete o estudante. No caso de non acadar o 50% nalgunha das partes, a calificación final será de 4 puntos. - Axustarse ás datas de entrega sinaladas no calendario presentado durante a presentación da materia. As entregas fóra de prazo ou a ausencia de entrega terán unha calificación de 0 puntos e, polo tanto, suporán unha calificación final de suspenso. - Realizar as actividades propostas, aproveitando e optimizando o tempo que se destina na aula. - A convocatoria de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a convocatoria de xuño. MODALIDADES DE AVALIACIÓN Tendo en conta a posible existencia de alumnado que, polas súas circunstancias particulares non cumpla co requisito de asistencia, terase en conta diversas modalidades de avaliación segundo o réxime de adicación do alumnado: AVALIACIÓN CONTINUA: modalidad de avaliación aplicable a alumnado asistente; é dicir, a aquel que cumpla co requisito de asistencia dun 80%, tanto das sesións teóricas como prácticas; e ao alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial (sempre que cumpla co réxime de asistencia): - Alumnado asistente: Será evaluado ao longo do proceso de aprendizaxe, a través da realización das actividades prácticas (son materia de exame) e do proxecto de investigación e a súa presentación oral, que será revisado pola profesora, así como da avaliación final por medio da proba mixta. - Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial: atendiendo á norma que regula o réxime de adicación ao estudo e a permanencia e progresión dos estudantes de grao e mestrado universitario na Universidade da Coruña (aprobada en Consello de Goberno o 28 de xuño de 2016), nos seus artigos 4, 5 y 6, será necesario que este alumnado solicite a dispensa e a entregue á docente. O alumnado que se adhiera a esta modalide será avaliado baixo o seguinte proceso de avaliación: (a) Terá que entregar o traballo de investigación de xeito individual que será valorado cun 30% da cualificación final da materia; isto é, 3 puntos sobre 10, pero é necesario acadar a metade da puntuación para aprobar (é dicir, mínimo 1.5 punto). O prazo para a entregar será o mesmo que o dos compañeiros presenciais. (b) Terá que realizar o exame de proba mixta, cuxa cualificación será do 70% da nota final; isto é, 7 puntos sobre 10, pero é necesario acadar a metade da puntuación para aprobar (é dicir, mínimo 3.5 punto). AVALIACIÓN FINAL: modalidade de avaliación aplicable ao alumnado non asistente (aquel que non cumpre co requisito de asistencia mínimo do 80%), alumnado que non realiza a proposta do proxecto investifador e ao alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial (que no cumpra a asistencia do 80%). Para este alumnado, establécese que: (a) Terá que entregar o traballo de investigación de xeito individual, que será valorado cun 10% da cualificación final da materia; isto é, 1 punto sobre 10, pero é necesario acadar a metade da puntuación para aprobar (é dicir, mínimo 0.5 puntos). O prazo para a entregar será o mesmo que o dos compañeiros presenciais. (b) Terá que realizar o exame de proba mixta, cuxa cualificación será do 90% da nota final; isto é, 9 puntos sobre 10, pero é necesario acadar a metade da puntuación para aprobar (é dicir, mínimo 4.5 puntos). Neste exame, contará con una/dúas pregunta/s adicionais sobre os contidos prácticos da materia. Os traballos serán entregados fundamentalmente en formato dixital, e nos casos que a entrega sexa en papel este deberá ser reciclado, evitántodose o uso de plásticos. Ademásis se esixirá a utilización dunha linguaxe non sexista e non discriminatorio. |