Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
Asignatura | Terapia Ocupacional para a Autonomía Persoal no Adulto con Discapacidade Física | Código | 653G01303 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 7.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Sesión maxistral | A7 A9 A13 A14 A15 A19 A20 A24 A29 B3 B24 C4 C7 | A asistencia será obrigatoria e valorarase a capacidade do/a alumno/a para integrar de forma activa os conceptos e procedementos impartidos na clase ao mesmo tempo que demostra, de forma progresiva, a integración das competencias da materia. | 5 |
Prácticas de laboratorio | A6 A7 A8 A9 A10 A11 A13 A14 A15 A19 A20 A23 A24 A29 B3 B4 B9 B24 C7 | A asistencia será obrigatoria. Valorarase: 1) actitude colaborativa (implicación co grupo, coas tarefas e co desenvolvemento xeral do laboratorio); participación (interacción empática, proactiva, analítica e constructiva); respecto (ós/ás participantes do grupo, docentes e normas de funcionamiento do laboratorio); e a responsabilidade (consigo mismo/a e/ou co grupo, tanto na preparación dos traballos realizados durante o laboratorio como no proceso de ensinanza-aprendizaxe). Asemade, valorarase: 2) a memoria do laboratorio: cumprir as instrucións, a presentación (coidado, ortografía e linguaxe) e reflexión (elaboración, integración e crítica de todos os contidos do laboratorio); e 3) os traballos individuais e/ou grupais solicitados vinculados ao desenvolvemento da metodoloxía. |
30 |
Estudo de casos | A7 A8 A9 A10 A13 A14 A15 A18 A19 A20 A23 A24 A29 B3 B4 B9 B24 C4 | Nesta metodoloxía valorarase tanto o proceso de traballo coma o resultado e a súa presentación (oral e/ou escrita). Por tanto, terase en conta a evolución do alumnado durante o traballo, a xestión da información e interrogantes xurdidos, o traballo en grupo (nos casos que corresponda), así coma a integración das competencias da materia e a reflexión sobre todo o proceso. En canto ao contido, valorarase que o caso sexa coherente co proceso de Terapia Ocupacional nun contexto concreto, articulando as especificidades da/s persoa/s, poboación, as súas ocupacións e contornas, é dicir, mantendo o foco no desempeño ocupacional. Para iso, terase en conta a aplicación coherente dos modelos de práctica de Terapia Ocupacional: Modelo Canadense do Desempeño Ocupacional, Modelo de Ocupación Humana, Modelo Kawa, Modelo Persoa-Contorno-Ocupación, entre outros. Finalmente, na presentación (oral e/ou escrita) valorarase a argumentación, reflexión e defensa do traballo realizado así coma a capacidade de expresión escrita (erros gramáticais e ortográficos valoraranse negativamente) e/ou oral (comunicación verbal e non verbal dacordo ó foro). | 30 |
Proba mixta | A6 A7 A8 A13 A15 A20 A24 A29 B3 B24 | Valorarase, ademais dos coñecementos adquiridos, a capacidade de expresión escrita do alumnado (avaliando de forma negativa os erros gramaticais e ortográficos) e a integración e aplicación de conceptos/procedementos na práctica da profesión. | 35 |
Observacións avaliación | |||
Considerarase como Con carácter xeral, a Valorarase a Para aprobar a Segundo a norma que |