Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
Asignatura | Enfermaría da Saúde Mental | Código | 750G01015 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Proba obxectiva | Exame tipo test. A proba será elaborada co fin de valorar o nivel de coñecementos teóricos do alumnado. |
Aprendizaxe colaborativa | Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e comunicación. A metodoloxía utilizada nesta materia basearase na Aprendizaxe Baseada en Problemas (ABP). É un método didáctico que permite o alumnado adquirir coñecementos, habilidades e actitudes, para ser capaz de identificar, analizar e resolver problemas de saúde de maneira eficaz, eficiente e humana (Bridges, 1991; Branda, 1990) No ABP un grupo pequeno de alumnos reúnese, coa facilitación de titor, para analizar e resolver un problema (escenario) seleccionado ou deseñado especialmente para o logro de certos obxectivos de aprendizaxe. O alumnado integrado, obrigatoriamente dentro dun grupo pequeno, traballará conxuntamente na resolución das tarefas asignadas polo profesor para optimizar a súa aprendizaxe e o do resto dos membros do grupo. Traballásese polo menos 5 escenarios e/ou casos. O desenvolvemento de cada escenario farase durante as horas de seminario e en cada grupo nas horas de traballo autónomo. Os grupos comporanse o primeiro día de clase da materia. Os resultados dos escenarios entregaranse a través da plataforma Moodle. |
Recensión bilbiográfica | A recensión bibliográfica supón un proceso de lectura crítica dun libro, dun artigo, dunha tese ou dunha comunicación a un congreso. Como tal proceso comprende a lectura da obra, a análise do seu contido e unha crítica e valoración da mesma en relación á literatura existente sobre o tema. Unha recensión non supón un resumo da obra, nin unha mera análise do contido, pois o que lle outorga sentido e dimensión académica científica é a crítica que merece a xuízo do autor da recensión, en relación a outras obras coñecidas do mesmo ámbito ou en relación a súa propia experiencia. |
Foro virtual | Espazo de discusión informal destinado aos estudantes para o tratamento dun tema ou problema, que se desenvolve a través dun contorno virtual de aprendizaxe mediante ferramentas de comunicación asíncrona (foro). |
Simulación | Consiste na representación dun fenómeno de natureza física, técnica ou psicolóxica, que permite unha análise máis sinxela, económica ou inocua que si se levara a cabo sobre o orixinal ou na realidade. Ponse ao suxeito ante unhas condicións hipotéticas nas cales se proba o seu comportamento ante situacións concretas, os seus coñecementos, a súa capacidade de analizar alternativas e as súas consecuencias. Baséase, por tanto, na configuración de situacións similares ás que se producen nun contexto real, coa finalidade de utilizalas como experiencias de aprendizaxe ou como procedemento para a avaliación. |
Sesión maxistral | Os contidos teóricos básicos da materia serán impartidos mediante lección maxistral, pero cun enfoque participativo por parte do alumnado. Baseada na exposición oral complementada co uso de audiovisuais e introdución dalgunhas preguntas dirixidas o alumnado, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. |