Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
Asignatura | Enerxía, Cooperación e Sustentabilidade | Código | 770523016 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Optativa | 3 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Mesa redonda | Plantearase unha ou máis sesións de debate na que estarán invitados axentes de cooperación con experiencia en proxectos ao desenvolvemento relacionados co campo da enerxía. O alumnado debe preparar cuestións para a mesa, e pode pedirselle que elabore un documento posterior en base ao debatido. |
Traballos tutelados | Ao longo do curso o alumnado terá que desenvolver un ou máis traballos relativos a formulación de proxectos de cooperación basados no enfoque de marco lóxico, seguindo as pautas indicadas polo profesor. Poderán ter carácter individual ou colectivo. |
Aprendizaxe colaborativa | Formaranse pequenos grupos para o desenvolvemento dalgúns temas, no que cada membro terá que desenvolver o papel de formador cara aos outros membros do grupo. |
Análise de fontes documentais | O alumnado terá que analizar e extraer información tanto de fontes suxeridas polo profesor como de outras de proposta propia. |
Sesión maxistral | O profesor fará unha introdución aos temas e irá propoñendo actividades a desenvolver na aula e fora de ela. Preténdese que estas sesións sexan o máis participativas posibles, dentro do razoable. |