Traballos tutelados |
A1 A2 B3 B6 C1 C3 C8 |
Realización satisfactoria correspondente á axeitada progresión ó longo do curso das prácticas e traballos de curso. |
70 |
Para a avaliación da materia considerarase a suma ponderada de traballo/s tutelados mais a proba obxectiva. Cada unha das partes valorarase de 0 a 10 puntos, sendo preciso acadar un mínimo de puntuación de 3 en todas elas para poder superar a materia. A asistencia e participación nas clases presenciais será necesaria para ser avaliado, cun mínimo admisible dun 80%, sen admitirse xustificantes para diminuir esa porcentaxe. As probas teórico-prácticas obxectivas consistirán en preguntas concretas que terán que ser respostadas na súa totalidade e nas que se valorará a aportación gráfica do alumnado. O/s traballo/s tutelado/s serán exercicios prácticos de elaboración personal ou grupal nos que poderá ser utilizado soporte TIC Para poder presentarse a calquera das oportunidades o alumno terá que ter entregados os traballos individuais e grupais do curso en plazo, así como cumprida a asistencia mínima. Os traballos que sexan entregados fóra de prazo serán valorados ó 50%
Nos casos de avaliación de alumnado a tempo parcial, reducirase un 50% a asistencia mínima e manteranse as porcentaxes de cualificación de traballos tutelados e proba obxectiva.
|