Metodoloxías
|
Sesión maxistral |
Estudo de casos |
Traballos tutelados |
Seminario |
Prácticas de laboratorio |
|
Descrición |
Para a elaboración do traballo tutelado dirixido, así como das prácticas de laboratorio e estudo de casos, o alumno participará dunha titoría personalizada que lle permitirá resolver posibles dúbidas dun xeito interactivo e que servirá para avaliar a evolución da aprendizaxe autónoma do alumno.
Estas titorías están configuradas coma entrevistas individuais que permiten facer un seguemento e orientación do traballo do alumnado para unha definición clara dos obxectivos e evitar a dispersión de contidos, garantindo así que se acaden as competencias descritas na materia.
Asemade, nas sesións maxistrais establecerase unha dinámica de participación activa profesor-alumno de tal xeito que o alumno se implique na resolución de casos prácticos que lle servirán de base para a elaboración do traballo tutelado e/ou para a preparación da proba escrita.
Segundo establece a "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de grao na UDC" (Art.3.b e 4.5) e as "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario (Art. 3 e 8b), o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia deberá de poder participar dunha metodoloxía formativa e actividades docentes asociadas que lle permitan acadar os obxectivos formativos e as competencias propias da materia. Para elo, este alumnado poderá participar dun sistema personalizado de titorías de orientación e avaliación que servirán por unha banda, para orientar o traballo autónomo do alumno e levar un seguimento da súa progresión durante o curso; e por outra, para avaliar o grao de desenvolvemento competencial acadado.
A porcentaxe de dispensa quedará prefixada nunha primeira entrevista co alumnado, unha vez coñecida a súa situación persoal. Deste xeito, fixarase un cronograma para as titorías de orientación, e determinarase o número de actividades docentes que deberán ser avaliadas mediante esta metodoloxía. Unha vez coñecidas, ponderarase o seu número sobre o número total de cada actividade e fixarase o número de titorías das que este alumnado deberá participar. Todas elas serán prefixadas co alumnado en función da súa dispoñibilidade atendendo ao cronograma de contidos da materia e concretando os prazos de entrega do diferente material susceptible de ser avaliado (estudo de casos, traballos tutelados e seminarios). Este material seralles entregado previamente a través da plataforma Moodle segundo o cronograma acordado na entrevista inicial.
Durante as sesións de titoría trataranse aspectos asociados tanto aos contidos da materia como á revisión conxunta dos traballos entregados, así como á realización de pequenos test de avaliación para comprobar se o alumnado segue con aproveitamento estas actividades. |
|