Prácticas de laboratorio |
Realización de actividades de carácter práctico con obxeto de aplica-los coñecementos teóricos, e, á vez, adquiri-las destrezas experimentais asociadas os mesmos. |
Solución de problemas |
Aplicación práctica, tanto numérica como conceptual, dos coñecementos teóricos. |
Prácticas a través de TIC |
Está orientada o aprendizaxe efectivo do alumnado a través de actividades de carácter práctico mediante a utilización das tecnoloxías da información e as comunicacións. |
Lecturas |
Conxunto de textos que se empregarán como fonte de profundización nos contidos traballados. |
Proba de resposta múltiple |
O longo do curso realizaranse unha serie de probas para avaliar a aprendizaxe dos conceptos, destrezas, competencias e habilidades asociados á asignatura. Esta actividade pode implicar o emprego de plataformas como MOODLE, ferramentas a dispor no paquete Office365 e/ou aplicacións dispoñibles en Internet. |
Proba mixta |
Combinación de distintos tipos de preguntas: tipo test, de resposta breve, tipo ensaio. Con este último tipo se busca que se resposte por escrito a preguntas de certa amplitude, valorando que se proporcione a resposta esperada, o que permite avaliar coñecementos, capacidade de razoamento, e espírito crítico. |