Estudo de casos |
A7 A11 B8 |
Seguimento da aprendizaxe do alumnado polo profesor. |
30 |
Asistencia
ás clases co maior grao de participación posible. Utilización da bibliografía
recomendada no programa. Resolver sempre todas as dúbidas que xurdan durante o
desenvolvemento das sesións, recorrendo á atención personalizada cando fose
necesario. A.-Exame: 70% da cualificación.
B.-Estudo de casos: 30% da cualificación. A nota agregada deberá ser
igual ou superior a 5 puntos sobre 10 para poder superar a materia. A
puntuación do apartado B gardarase para
a segunda convocatoria, pero en ningún caso para cursos posteriores. Os
criterios de avaliación son os mesmos para a primeira e segunda oportunidade de
cada convocatoria, así como para a convocatoria adiantada. No caso de alumnado
con dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia,
empregarase a plataforma virtual e o correo electrónico como vehículo de
comunicación principal para a xestión de contidos, titorías e entrega de
traballos. Acordarase ao comezo de curso un calendario específico de datas
compatible coa súa dedicación, pero terán o mesmo deber de realizar actividades
e de acudir a calquera tipo de proba de avaliación que o alumnado a tempo
completo. A efectos de cualificación, a cualificación de non presentado
corresponde ao alumnado cando só participe en actividades de avaliación que
teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con
independencia da cualificación conseguida.
|