Análise de fontes documentais |
A6 A8 A9 |
Uso de fontes de información axeitadas. Cada grupo deberá expoñer en clase un concepto ou epígrafe non visto con anterioridade. |
10 |
Considérase que un alumno está
dentro da avaliación continua e, polo tanto, se lle aplicará o esquema
de avaliación anterior, se realizou máis dun 20% dos traballos e casos
prácticos encargados. Polo tanto, este alumno se non alcanza o cinco,
estará "suspenso" nas actas da materia aínda que non se presente ao
exame. Este sistema de avaliación mantense tanto para a primeira
oportunidade coma para xullo e para a convocatoria adiantada de
decembro. Tanto o estudo de casos, análise de fontes documentais e os
traballos tutelados realízanse ao longo do curso e non é posible a súa
realización fóra do período lectivo dado que se realizan dentro da aula.
Tanto aos alumnos a tempo parcial como a tempo completo se lles
aplicará o mesmo sistema de avaliación. Para o cálculo da nota media
final, será preciso obter unha nota mínima de 4 puntos sobre 10 puntos
no exame (non se calculará a nota media dos alumnos que obteñan unha
nota menor que esta no exame). Para superar a materia, a nota media
ponderada final deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10.
Recórdase que está prohibido acceder ao exame con calquera dispositivo
que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de
información. Así mesmo, recórdase que calquera alumno sorprendido
realizando o exame mediante calquera procedemento fraudulento se lle
asignará unha nota de cero no exame (tanto na primeira oportunidade como en xullo)
|