Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
Asignatura | Análise Económico das Organizacións | Código | 611G02023 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Aprendizaxe servizo | A4 A10 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B9 B10 C4 C5 C6 C7 C8 | Elaboración dunha memoria de Aprendizaxe servicio na que se comenten: 1) As actividades de servicio diseñadas e levadas a cabo durante o período ApS 2) Estimación -se é posible- do impacto económico/social de ditas actividades 3) Valoración crítica a contribución destas actividades a formación e aprendizaxe académica, especialmente relacionada coa materia, e tamén a súa formación como cidadáns. Ete traballo realizarase en grupo -o número de integrantes será determinado polo profesor ao comenzó do curso, en función do número de participantes. Valorarase a calidade da memoria de acordo cos aspectos antes mencionados |
20 |
Proba de resposta múltiple | A8 A11 C1 | 20 preguntas tipo test, con penalización para as respostas incorrectas segundo a táboa que acompañará ao examen. | 60 |
Presentación oral | A9 A10 B4 C1 C3 | Exposición verbal en clase sobre un determinado tema. A exposición terá unha duración aproximada de 12 minutos. Cada tema será elaborado en grupo e todos os membros do grupo participarán na exposición. Deberase entregrar a presentacion en power point e os materiais empregados para a súa elaboración, agás para o caso de libros nos que se indicará no ppt os capítulos consultados nas referencias bibliográficas, tamén as referencias deben incluir os artigos pero é necesario enviar un exemplar dixital dos mesmos. A presentación valorarase tendo en conta a callidade expositiva, a calidade e diversidade de fontes utilizadas e as respostas a preguntas que poida formular o profesor ou alumnos. |
20 |
Observacións avaliación | |||
AVALIACIÓN GRADO ADE. A avaliación continua representa o 40% e o exame oficial o 60%. Para aprobar a materia é necesario obter un mínimo de 5 puntos na nota final da avaliación integrada pola proba ApS (20%), a proba de resposta múltiple (20%) e a presentación oral (20%), pero hai unha condición necesaria -non suficiente- a de obter un mínimo de 5 puntos sobre 10 na proba de resposta múltiple. En caso de non chegar a devandita nota, a materia non será superada e a nota será a puntuación obtida no exame oficial. As probas ApS e a presentación oral son probas que se realizan en formato de grupo. En relación á presentación oral, asignarase a cada grupo un tema para o seu desenrolo o cal se comuncará durante a terceira semana de setembro. O material entregarase na última semana de novembro e as presentacións faranse durante o mes de decembro. En relación ao ApS, esta proba está suxeita á dispoñibilidade dunha entidade ou asociación para levar a cabo o proxecto de aprendizaxe-servizo e tampouco se pode ofrecer a todos os estudantes. Os estudantes que non realizan ApS farán unha proba equivalente consistente en realizar un traballo sobre economía circular (unha análise organizacional e de xestión de procesos baseada no estudo de proxectos específicos ou empresas reais que aplican a economía circular nas súas actividades). No caso de que o ApS non se poida realizar todos os estudantes realizarán un traballo de economía circular. ALUMNOS CON DEDICACIÓN A TEMPO PARCIAL E DESPENSA ACADÉMICA DE EXENCIÓN DE ASISTENCIA. A evaluación realizarase sobre os mesmos contidos e criterios que os alumnos con dedicación a tempo completo. O principio do curso este alumnos dirixiránse o profesorado para fixar un calendario de actuacións específico acorde coa súa dispoñibilidade para deste xeito posibilitar a realización da súa avaliación. CONVOCATORIA ADIANTADA E SEGUNDA OPORTUNIDADE. Os alumnos que se presenten a convocatoria adiantada de novembro, a avaliación so se fará a partires dunha proba de resposta múltiple e para aprobar necesitarán acadar un mínimo de 5 puntos sobre 10. No que atinxe a 2ª oportunidade de xullo os criterios son os mesmos cos da primeira oportunidade, de tal forma que a nota de avaliación continua obtida se arrastra para formar a nota final. AVALIACIÓN DOBRE GRADO (ADE+DEREITO). Na dobre titulación as porcentaxes correspondentes a avaliación continua e ao exame oficial manténse no 40% e 60% respectivamente, se ben os ítems que integran a avaliación contínua será os que fixe o profesor desta asignatura e que lles comunicará os alumnos o día da presentación da asignatura. |