Proba obxectiva |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A10 |
Consistirá nun exame escrito que se dividirá en dúas partes: unha parte teórica (nas que se poden utilizar preguntas de resposta múltiple e/ou ensaio) e unha parte aplicada. A cualificación da proba será o resultado da valoración conxunta das dúas partes. |
70 |
O exame escrito se realizará nas datas fixadas polo centro á finalización do segundo cuadrimestre e no mes de xullo, respectivamente. A entrega de exercicios realizarase no período no que se desenvolven as actividades académicas docentes do segundo cuadrimestre e nas datas que estableza o profesor. As entregas de traballos, presentacións e exercicios que se soliciten
realizaranse nun arquivo en pdf, agás exepcións xustificadas, por mail. Para aprobar a materia, asemade de sumar 50 ou máis puntos (sobre 100) na avaliación, cómpre acadar unha puntuación mínima;28 de 70 puntos na proba obxectiva.Os criterios de avalición serán os mesmos na segunda oportunidade e na convocatoria adiantada. Será avaliado cos mesmos criterios o alumnado que ten dedicación a tempo parcial recoñecida ou exención parcial de asistencia. Está prohibido acceder á aula de exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información, agás os expresamente autorizados polo profesor.
|