Asistencia ás clases co
maior grao de participación posible. Utilización do material de estudo
proporcionado (temas e modelos de simulación) e da bibliografía recomendada no
programa. Resolver sempre todas as dúbidas que xurdan durante o desenvolvemento
das sesións, recorrendo á atención personalizada cando fose necesario. A.-Exame
(proba mixta final): 60% da cualificación. B.-Avaliación continua (solución de
problemas): 40% da cualificación. A nota agregada deberá ser igual ou superior
a 5 puntos sobre 10 para poder superar a materia. A estes efectos, establécense unha serie de
mínimos a superar tanto na parte A como na B. Parte A: é necesario obter unha
cualificación mínima de 2,5 sobre 6 na proba final. Parte B: establécese unha
cualificación mínima de 1,5 sobre 4 na resolución de problemas. A cualificación
da avaliación continua ha de ser obtida necesariamente ao longo do curso e o
seu desenvolvemento aterase ás instrucións proporcionadas polo profesor. Cando non se supere o mínimo establecido en calquera delas a cualificación final será igual ao mínimo de 4 ou a suma da nota das dúas partes
Os
criterios de avaliación son os mesmos para a primeira e segunda oportunidade de
cada convocatoria, así como para a convocatoria adiantada. A convocatoria
adiantada só supoñerá o adianto da proba final (parte A), sendo necesario
seguir os criterios de avaliación expostos con anterioridade para a avaliación
continua (parte B), para o que é necesario seguir o calendario de entrega normal establecido
no curso. No caso de alumnado con dedicación a tempo parcial e
dispensa académica de exención de asistencia, empregarase a plataforma virtual
e o correo electrónico como vehículo de comunicación principal para a xestión
de contidos, titorías e entrega de traballos. Acordarase ao comezo de curso un
calendario específico de datas compatible coa súa dedicación, pero terán o
mesmo deber de realizar actividades e de acudir a calquera tipo de proba de
avaliación que o alumnado a tempo completo. A efectos de cualificación, a
cualificación de non presentado corresponde ao alumnado cando só participe en
actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a
cualificación final, con independencia da cualificación conseguida.
O
comportamento fraudulento en calquera dos apartados sometidos a valoración
supoñerá a cualificación de cero puntos na avaliación final. Os únicos
utensilios cos que está permitido o acceso ao recinto da proba son os básicos
para contestar o exame: lapis, bolígrafo ou pluma, e goma de borrar. Está
expresamente prohibido ter acceso durante o exame a teléfonos móbiles e
calquera outros dispositivos capaces de comunicación a distancia e/ou de almacenamento
de información. A non observancia desta norma supón o que se considere como
realizada de modo fraudulento a proba. O alumnado terá que acreditar a súa
identidade de acordo coa normativa vixente.