| Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
| Asignatura | Dereito Constitucional: Fontes e Dereitos | Código | 612G01003 | |||||||||||
| Titulación |
|
|||||||||||||
| Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
| Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
||||||||||||||
| Metodoloxías | Descrición |
| Actividades iniciais | O primeiro día de clase, cada un dos profesores responsables dos diferentes grupos procederá a explicar aos seus alumnos/as a estrutura da guía docente personalizada, así como as materias concretas obxecto de estudo, a distribución aproximada do cronograma e as fontes documentais máis útiles para seguir o curso académico. |
| Sesión maxistral | As sesións maxistrais constituirán a base teórica que facilite os coñecementos esenciais ao alumno sobre a materia |
| Seminario | Os seminarios son sesións de traballo cun perfil teórico-práctico especializadas nun tema concreto |
| Estudo de casos | Estudo de casos prácticos, análises de textos xurídicos ou de xurisprudencia que os docentes expoñan aos alumnos/as. Esta actividade poderá ser presencial ou non presencial. |
| Análise de fontes documentais | Estudar ou comentar documentos xurídicos, documentos doctrinales ou xurisprudencia do Tribunal Constitucional, Tribunal Europeo de Dereitos Humanos, etc... |
| Discusión dirixida | Esta actividade será realizada de modo presencial e consistirá na posta en común de opinións sobre unha materia, ou ben, na resolución común de problemas actuais que estean directamente relacionados co obxecto de estudo |
| Lecturas | Lecturas en sesións presenciais ou non presenciais. |
| Proba obxectiva | Exame final e, no seu caso, exame parcial (se así o establece o profesor encargado dese grupo) |
| Eventos científicos e/ou divulgativos | Nos científicos desenvólvese, xeralmente con máis profundidade que nas clases presenciais, un ou varios temas relacionados coa materia. Nos divulgativos as aproximacións non requiren a adquisición de coñecementos específicos previos |
| Traballos tutelados | Que permiten desenvolver en profundidade desde unha perspectiva teórico-prática un ou máis problemas xurídicos. Poderán ser individuais ou grupais |