Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Adquirir a capacidade de concebir e deseñar proxectos de investigación con rigor académico. CI2
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. BP7
Integrar coñecementos de campos de estudo diversos. CM5
Analizar e interpretar textos, aplicando diferentes modelos teóricos e críticos. AP1
Desenvolver habilidades de xestión da información para propósitos académicos e de investigación. CI3
Aplicar as técnicas de análise cultural aclarando os fundamentos ideolóxicos presentes en contextos diversos. AM4
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. BP2
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. BP3
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. BP1
Adquirir capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva. CM1
Adquirir a capacidade de manexar ferramentas e recursos de investigación aplicados ao ámbito dos estudos literarios e culturais. AI3
Desenvolver habilidades cognitivas avanzadas (capacidade de síntese, análise e pensamento crítico) relacionadas co desenvolvemento e a creación dun perfil investigador. CI1
Considerar a convencionalidade do concepto de literatura, a través da súa relación coas TICS, os medios de comunicación, as ciencias e as artes, no marco da diversidade cultural. AM2
Integrar os estudos literarios nun contexto cultural máis extenso que transcenda os límites dunha soa lingua e / ou nación, atendendo á diversidade cultural. AM1
Coñecer as principais correntes teóricas que integraron e integran a reflexión sobre a literatura e a cultura. E distinguir a crítica da teoría como dominios da ciencia da literatura. AM7
Comprender os procesos históricos dos estudos literarios e culturais e os seus cambios de paradigma. AM8
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance cultural e socioeconómico da sociedade. BP5
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. BP4
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras, sempre baixo os principios democráticos da distribución xusta da riqueza, a igualdade social e o equilibrio do ecosistema. BP2