Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
Asignatura | Recursos bibliográficos e xéneros científicos | Código | 613836005 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 3 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | O curso desenvolverase a través das aulas presenciais e do traballo persoal autónomo dos estudantes en horas non presenciais (estudo do temario a través das lecturas obrigatorias, preparación dos exercicios de aplicación, elaboración de dous resumos e elaboración dun traballo tutelado). O curso iniciarase cunha sesión presencial na que o profesor describirá os contidos, a planificación, a metodoloxía docente e o sistema de avaliación da materia e resolverá todas as dúbidas que lle formulen os estudantes en relación con estas cuestións. Os temas do programa desenvolveranse a partir da exposición básica dos contidos e da presentación de recursos polo profesor en SESIÓNS MAXISTRAIS. |
Seminario | As sesións maxistrais complementaranse con outras (SEMINARIOS) que servirán para que os/as estudantes poidan presentar os resultados do seu labor nas ACTIVIDADES de aplicación a situacións concretas e de adquisición de habilidades básicas e procedementais relacionadas coa materia obxecto de estudo. Algunhas destas PRÁCTICAS desenvolveranse con equipamento especializado na aula informatizada. |
Solución de problemas | Como complemento das súas explicacións (nas SESIÓNS MAXISTRAIS e nos SEMINARIOS) o profesor tamén fará propostas de actividades de aplicación (PRÁCTICAS) que os/as estudantes deberán realizar en horas non presenciais. |
Recensión bilbiográfica | Elaborarase unha RECENSIÓN dun artigo ou dun capítulo dunha monografía escollidos polo/a estudante de entre os que figuren na bibliografía dos temas do programa |
Traballos tutelados | O/A estudante elaborará un TRABALLO TUTELADO, para o cal se ofrecerán varias opcións e as directrices pertinentes. |