Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Recensión bilbiográfica B2 B3 B4 B5 C1 C2 Léanse as "Observacións". 20
Traballos tutelados A9 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B8 B9 C1 C2 C3 C8 Léanse as "Observacións". 40
Sesión maxistral B5 B7 C7 C8 Léanse as "Observacións". 10
Solución de problemas A9 B1 B2 B3 B6 C1 C2 Léanse as "Observacións". 30
 
Observacións avaliación

1. A CUALIFICACIÓN FINAL na 1.ª OPORTUNIDADE terá o seguinte reparto porcentual:

1.1. Un 40 % obterase pola realización dun TRABALLO TUTELADO. Entrega antes do 20 de decembro de 2019.

1.2. Un 20 % corresponderá á elaboración de dous RESUMOS da lectura de dous artigos ou capítulos de monografía propostos polo profesor. Entrega: semana no 4 de novembro de 2019.

1.3. Un 30 % obterase a través da realización de EXERCICIOS DE APLICACIÓN preparados en horas non presenciais (= "SOLUCIÓN DE PROBLEMAS"). Entrega: antes do 29 de novembro de 2019.

1.4. Un 10 % responderá á ASISTENCIA, PARTICIPACIÓN E DESEMPEÑO do/da estudante ao longo do curso (nas SESIÓNS MAXISTRAIS e nos SEMINARIOS). Observaranse o seu aproveitamento e evolución, mais tamén -e moi especialmente- a súa dinámica na aula, a forma de argumentar, a colaboración cos compañeiros e todos aqueles elementos que teñan que ver coa aprendizaxe colaborativa y o traballo en grupo.

2. A CUALIFICACIÓN FINAL na 2.ª OPORTUNIDADE rexerase polas seguintes normas:

2.1. Se na avaliación dalgún dos tres tipos de tarefas realizadas no curso (traballo tutelado, resumos e exercicios de
aplicación) non se alcanzou o nivel de aprobado, deberán reelaborarse para seren cualificadas de novo coas mesmas porcentaxes que na primeira oportunidade.

2.2. As tarefas que teñan acadado o nivel de aprobado na 1.ª oportunidad tamén poderán reelaborarse, se así o decide o estudante. En caso contrario, nesta 2.ª oportunidade manterase a cualificación que obtiveron na 1.ª.

2.3. As tarefas que non se teñan presentado na 1.ª oportunidade deberán elaborarse para seren avaliadas nesta 2.ª oportunidade coa mesma porcentaxe de calificación final que se lles asigna na primeira.

2.4.
Na avaliación da 2.ª oportunidade tamén se terá en conta a cualificación obtida na 1.ª por asistencia, participación e desempeño, que corresponde ao 10 % da cualificación final. Aos estudantes que non teñen cualificación neste apartado
por ausencias ou por dispensa académica, o 10 % correspondente
integraráselles na nota do traballo tutelado (que, desta maneira, equivalerá ao 50 % da cualificación final).

3. CUALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO:

3.1. Recibirán a calificación de NON PRESENTADO (NP) os/as estudantes que non presenten o traballo tutelado ou non realicen de forma completa algún dos outros dous grupos de tarefas (resumo e/ou exercicios
de aplicación) e teñan acadado o nivel de aprobado nas restantes.

4. ALUMNADO A TEMPO PARCIAL E CON DISPENSA ACADÉMICA

4.1. Aos/Ás estudantes matriculados a tempo parcial e con DISPENSA ACADÉMICA concedida integraráselles a cualificación deste apartado na nota do Traballo
tutelado (que, deste xeito, equivalerá ao 50 % da cualificación final).

5.OUTRAS OBSERVACIÓNS

5.1.Os traballos académicos presentados polo
alumnado da materia poderán ser incorporados á base de datos dunha ferramenta
de detección de plaxio ou de presentación do mesmo exercicio en varias
materias. De se producir algunha destas circunstancias, poderán activarse as
medidas recollidas nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das
cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario
da UDC.