Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A10 B2 B4 B8 C5 C6 C8 Constará de dúas partes: 1. Dixitalización dunha obra editada en papel (ou parte dela) seguindo os pasos/fases do proceso de dixitalización que se verán nas aulas. 2. Edición, corrección e maquetación dun texto e os seus correspondentes paratextos. 90
Sesión maxistral B1 B3 B5 B6 B7 B10 C7 Avaliarase a participación significativa nas sesións. 10
 
Observacións avaliación

Para superar a materia será necesario acadar en cada unha das partes do traballo tutelado o 50 % da puntuación máxima. De no acadar esta puntuación, a cualificación nas actas será, como máximo, de 4,9.

Na segunda oportunidade deberanse presentar os traballos tutelados, en caso de que non fosen superados. As cualificacións correspondentes á participación na sesión maxistral e ás prácticas, de non terse superadas, obteranse mediante actividades alternativas.

En caso de non presentar os traballos tutelados nos prazos e forma estipulados, o/a estudiante será cualificado/a como non presentado.

Os/as estudantes con dispensa académica de asistencia serán avaliados/as mediante os traballos tutelados e actividades alternativas ás sesións maxistrais e as prácticas.

Poderánse adoptar as adaptaciones oportunas para o estudantado con modalidades específicas de aprendizaxe.