Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
Asignatura | Comunicación multimodal | Código | 613836051 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Optativa | 3 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Lecturas | O/a estudante disporá dun dosier de lecturas obrigatorias de curso, ademais dunha listaxe de lecturas recomendadas; unha porcentaxe elevada será en inglés (son linguas básicas da materia o galego, o castelán e o inglés). Os materiais correspondentes a cada tema deberán ser lidos puntualmente polo/a estudante antes de ser tratados na aula, seguindo as indicacións do profesor. |
Sesión maxistral | O profesor exporá organizadamente contidos fundamentais da materia. |
Obradoiro | Unha grande parte das aulas presenciais responderán á estrutura de obradoiros, con estudos de caso, debates, solución de problemas etc. Dada a carga horaria dispoñible, tenderán a ser de curta duración, mais serán de gran relevancia na avaliación do/a estudante. |
Aprendizaxe colaborativa | A aprendizaxe colaborativa terá un papel fundamental: ao longo do curso realizaranse distintas tarefas, estudaranse casos e resolveranse problemas en grupo. Prestarase moita atención á participación do estudante. |
Prácticas a través de TIC | Unha parte importante das actividades desenvolvidas requerirán a utilización de TIC. |
Traballos tutelados | O/a estudante realizará un traballo académico individual. O tema será acordado co profesor, e este proporcionará as indicacións e guía necesarias nas titorías. O/a estudante deberá informar regularmente ao profesor sobre o desenvolvemento deste traballo. |
Proba obxectiva | O/a estudante poderá realizar unha proba obxectiva sobre os contidos da materia para a súa avaliación na segunda oportunidade de xullo. Esta proba terá carácter teórico e práctico. |