Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
Asignatura | Comunicación oral | Código | 613836052 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Optativa | 3 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Discusión dirixida | B3 B4 C4 C6 C7 C8 | Valorarase nomeadamente a participación activa nas discusións e a calidade das intervencións, tamén no relativo ás lecturas obrigatorias. | 20 |
Obradoiro | B1 B2 B8 C5 | Realización de actividades prácticas grupais derivadas das sesións maxistrais (análise de textos orais, estudo de fontes documentais etc.). | 30 |
Lecturas | B5 B6 B7 B10 C7 | Lectura reflexiva dos materiais bibliográficos indicados polo profesor. Esta metodoloxía será avaliada no obradoiro e nas discusións dirixidas. |
10 |
Traballos tutelados | A10 A7 B1 B2 C6 | Valorarase fundamentalmente a profundidade e o rigor da pesquisa, a clareza expositiva e a calidade expresiva. | 20 |
Presentación oral | B10 B8 C4 | Cada estudante deberá facer unha presentación oral do traballo tutelado. Serán valorados os resultados da pesquisa, o rigor expositivo, a calidade da lingua utilizada e os recursos e estratexias expositivas empregadas. | 20 |
Observacións avaliación | |||
Para superar a materia, será condición indispensábel ter realizado e presentado o traballo tutelado e obter unha cualificación mínima de 4 valores sobre 10 no obradoiro. Todas as actividades deberán ser entregadas de acordo cos prazos e os procedementos fixados no cronograma que o profesorado fornecerá ao alumnado no inicio das sesións e pendurará na plataforma moodle. Será considerado Non Presentado aquel alumno ou alumna que non presentar o traballo tutelado e/ou non participar na realización do obradoiro. Na segunda oportunidade (convocatoria de xullo) será aplicado o mesmo sistema de avaliación fixado para a primeira oportunidade. O prazo para a entrega de traballos será anunciado polo profesor con antecedencia suficiente. O estudantado a tempo parcial e con dispensa académica terá o seguinte sistema de avaliación: lecturas (30%), obradoiro (30%) e traballo tutelado (40%). Realizará ou entregará as actividades obrigatorias nunha data concertada previamente co profesor. Na convocatoria adiantada de decembro será aplicado o mesmo sistema de avaliación estabelecido para o estudantado a tempo parcial e con dispensa académica. |