Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Obradoiro B4 B8 C1 C3 C5 C7 O 55% da cualificación desta materia analízase en dous conceptos: o 10% por asistencia e participación nas clases, por unha parte, e o 45% por taller, por outra.

No taller realizaranse diversas actividades prácticas orientadas á aplicación de aprendizaxes que o alumno adquirirá ao longo do curso.
Valorarase o manexo das técnicas e estratexias da comunicación escrita, a coherencia dos textos, a cohesión e a corrección idiomática, entre outras.
55
Traballos tutelados A7 A10 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B8 B10 C3 C6 C7 C8 Trátase dun traballo escrito individual relacionado coa materia. Será aconsellable o seguimento por parte da profesora.
Valoraranse os coñecementos, habilidades e competencias adquiridas, isto é: o correcto e completo manexo das fontes; a capacidade do alumno para levar á práctica os fundamentos teóricos aprendidos; a orixinalidade e a creatividade; a autonomía no traballo, e a capacidade para planificar e xestionar o traballo con autonomía e eficacia. Tamén, valoraranse a corrección idiomática, a estruturación da información (en definitiva, a coherencia do texto final) e a cohesión.

No taller realizaranse diversas actividades prácticas orientadas á aplicación de aprendizaxes que o alumno adquirirá ao longo do curso.
Valorarase o manexo das técnicas e estratexias da comunicación escrita, a coherencia dos textos, a cohesión e a corrección idiomática, entre outras.
45
 
Observacións avaliación

- Na segunda oportunidade (mes de xullo), aqueles
estudantes que non superasen a materia, que asistisen
regularmente ás aulas e que realizasen un 60% das actividades propostas
terán que repetir unicamente aquelas actividades ou probas non superadas.

- A profesora adaptará o sistema de avaliación a aqueles estudantes
que no poidan asistir ás aulas (por exemplo, os que teñen adicación a
tiempo parcial con dispensa académica recoñecida) ou os que precisen da adopción de medidas encamiñadas ó
apoio á diversidade, co fin de non prexudicar as súas cualificacións.

- Cualificarase como «NP» (non presentado) a
quen non entregue o traballo final tutelado en ningunha das dúas
oportunidades. 

- Con respecto á realización de exercicios
prácticos e ao traballo final, deben entregarse no prazo fixado pola
docente. Esta resérvase o dereito de penalizar o material recibido fóra de
prazo.