Metodoloxías
|
Proba mixta |
Lecturas |
Solución de problemas |
Obradoiro |
|
Descrición |
Fomentaranse as titorías para todas as metodoloxías que o requiran, como as actividades que precisen dunha fase de preparación e seguimiento. Así mesmo, atenderase aos alumnos ao longo de todo o curso para resolver dúbidas da materia, tanto para a primeira edición de actas como para a segunda. Finalmente, analizaranse tamén individualizadamente os resultados das actividades, probas...
As titorías poderanse levar a cabo persoalmente ou mediante correo electrónico. No primeiro caso, os alumnos acudirán ao gabinete da profesora no horario establecido, que se fará público a principio de curso.
A atención personalizada aos alumnos levarase a cabo tamén nas sesións de grupo reducido, nas que a profesora poderá supervisar individualmente o desenvolvemento das actividades por parte dos estudantes.
A posible atención a alumnos con necesidades especiais abordarase desde esta perspectiva de atención individual, ben en titorías, ben en clase. Se é preciso deseñaranse actividades especiais.
Polo que respecta aos alumnos con dispensa académica recoñecida, adicaranse as sesións de titoría (presencial ou por correo electrónico) para o seguimento da súa actividade académica.
|
|