Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
Asignatura | Lingua e Cultura Clásica | Código | 613G01006 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Lecturas | A13 B8 | O estudante dará conta das lecturas obrigatorias que fosen propostas polo profesor mediante controis de lectura ou, no seu caso, recensións | 10 |
Análise de fontes documentais | A1 A2 A11 B5 B7 C3 | Un 35% da cualificación final resultará de tres actividades de análise e comentario de textos propostas aos estudiantes, que serán presentadas por escrito conforme aos prazos e condicións acordados entre o profesor e os estudiantes. Estas tres actividades serán as seguintes: - exercicio de comentario fonético: 10% - exercicio de comentario morfosintáctico: 15% - exercicio de comentario literario: 10% Outro 5% da cualificación final obterase pola asistencia e participación activa nas sesións de grupo intermedio e reducido, onde se leven a cabo de forma oral debates e comentarios de textos. |
40 |
Proba obxectiva | A23 B1 B6 | Efectuaranse dúas probas escritas individuais de carácter teórico-práctico, unha ao final do primeiro bimestre (sobre cuestións de lingua) e outra na data de maio estipulada no calendario oficial de exames da Facultade de Filoloxía (sobre cuestións de literatura). Cada unha suporá o 25% da cualificación global. Na oportunidade de xullo haberá unha única proba sobre cuestións de lingua e de literatura, que suporá o 50% da cualificación global. Porén, os estudantes que superasen na oportunidade de maio algunha das probas terán que examinarse so daquela que teñan suspensa. | 50 |
Observacións avaliación | |||
As actividades presentadas por escrito, incluidas as probas finais, deben cumprir cos oportunos estándares de corrección lingüística, estar redactadas de maneira clara e carecer de faltas de ortografía. O non cumprimento destas condicións será tido en conta negativamente na puntuación da proba respectiva. A cualificación mínima para aprobar a materia, resultado da suma das puntuacións acadadas polas distintas actividades de avaliación programadas, será de 5. Os estudantes que non aprobasen a materia na oportunidade de xunio poderán repetir en xullo aquelas actividades ou probas pendentes/suspensas, coas mesmas condicións e porcentaxes. De non realizar as probas obxectivas previstas o estudante será cualificado como Non Presentado. Os estudantes que disfruten da dispensa académica recibirán, no apartado de Análise de fontes documentais, un máximo do 40% da cualificación final en función das actividades que teñan presentado por escrito ao longo do curso, conforme á seguinte ratio: -exercicio de comentario fonético: 12% - exercicio de comentario morfosintáctico; 16% - exercicio de comentario literario: 12%. A avaliación da convocatoria extraordinaria de decembro consistirá nunha única proba obxectiva de carácter teórico-práctico sobre contidos de lingua e de literatura. |