Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
Asignatura | Lingua Española 2 | Código | 613G01013 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Obradoiro | A5 A10 A11 A14 A15 A21 A23 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C6 | Tres exercicios prácticos ou probas sobre algún aspecto concreto do temario. | 25 |
Proba mixta | A5 A10 A11 A15 A21 A23 B4 B5 B6 B7 B10 C1 C6 | Exame final no que se mostrarán os coñecementos e competencias adquiridos, tanto dende o punto de vista teórico como aplicado. | 50 |
Traballos tutelados | A5 A10 A11 A14 A15 A21 A23 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C6 | Un traballo en grupo (dous ou tres estudantes) no que se poñerán en práctica os coñecementos e competencias adquiridos. Entregarase antes do 9 de decembro. | 25 |
Observacións avaliación | |||
1. En todas as actividades escritas (exame, traballos, exercicios, comentarios...), será valorado o uso correcto e axeitado da lingua española, especialmente para fins académicos. 2. A calificación obtida na proba mixta ou exame deberá ser, como mínimo, un 4 (sobre 10) para poder aprobar a materia, tanto en primeira como en segunda oportunidade. 3. Os traballos e restantes actividades entregados fora do prazo estipulado serán penalizados cun 50 % da nota. 4. Calquera falta de honradez académica (plaxio, utilización de textos ou ideas dotros autores sen indicar a procedencia, copia en exames ou outras variábeis destas características) será penalizada coa anulación total da actividade de que se trate. 5. Obterá a calificación de NP (non presentado) o alumnado que non se presente ao exame, aínda que teña realizado as restantes actividades. 6. O alumnado que teña que superar a materia en segunda oportunidade recuperará tan só as actividades que tiver suspensas. Nese caso, o profesorado facilitará as indicacións oportunas a propósito das características do traballo ou entrega de exercicios por medio da plataforma Moodle, indicando as datas e procedementos de entrega, para que o alumnado poida organizar con tempo suficiente as tarefas para a segunda oportunidade. 7. A materia poderá ser adaptada ao estudantado con necesidades especiais, así como ao estudantado procedente de convenios e programas internacionais que non teña un nivel de competencia lingüística en español semellante ao nativo. Nestes casos, as persoas afectadas deberán contactar de maneira inmediata á docente no inicio do cuatrimestre, tras a súa incorporación á materia. 8. O nivel mínimo de competencia lingüística recomendado para cursar esta materia, no caso do estudantado Erasmus e de convenios internacionais, é un B2 dacordo co Marco Europeo para o Ensino e Aprendizaxe de Linguas. Alumnado con dispensa académica de exención de asistencia Os procedimentos e porcentaxes de avaliación serán os seguintes: -Proba mixta, na mesma data e coas mesmas características que todo o restante alumnado: 50 % -Traballo tutelado: 50 % As titorías concertaranse por correo electrónico e terán lugar en horario axeitado tanto para o alumnado como para o profesorado. Oportunidade extraordinaria de decembro O alumnado en disposición de optar a examinarse da materia na convocatoria extraordinaria en decembro será avaliado a través da realización de un exame que suporá o 100% da calificación. |