Traballos tutelados |
A2 A6 A7 A14 A15 B6 B7 C5 C6 |
Traballo escrito sobre unha das obras traballadas na aula.
6-7 páxinas a dobre espacio.
Valorarase o pensamento crítico, a referencialidade e a expresión lingüística.
Entregarase o último día de clase. |
10 |
Discusión dirixida |
A7 A14 A15 B7 C5 C6 C7 |
Participación activa en clases prácticas. |
5 |
A nota final ha de ser igual a 5 para poder aprobar a materia. Os alumnos/as deberán obter tamén un mínimo de 1.6 sobre 4 puntos no exame, e de 2.4 sobre 6 na evaluación continua (comentarios de texto, traballo e presentación oral). Os alumnos/as que non fagan exposicións orais ou comentarios de texto na clase non terán notas de evaluación continua para aprobar. É necesario obter 2.4 puntos sobre 6 e terán que recuperalos na convocatoria de recuperación ou segunda oportunidade, ainda que teñan 5 de 5 puntos entre o exame de primeira oportunidade (4) e o traballo escrito (1), algo que obviamente non é doado. A única lingua empregada en clase, os traballos e os exames será o inglés. As faltas de expresión graves (non de estilo) en lengua inglesa mermarán a nota en calquer actividade. Polo tanto recoméndase ós alumnos/as que se esmeren na redacción e a revisen. Tampouco se permitirán plaxios de fontes escritas ou dixitais nos exames ou traballos. Os alumnos deben adquirir competencia literaria propia en certa medida, ainda que é lóxico,e polo tanto perdoable, que os comentarios e interpretacións do profesor subexistan tras dita competencia. Cando o alumno/a, por circunstancias varias (enfermedade xustificada, dispensa, etc) , non poda facer a presentación oral, sempre poderá entregar un segundo traballo por escrito antes de exame de primeira oportunidade para que a actividade compute entón. Os alumnos/as que asistan e participen durante o curso na evaluación continua non poderán ser considerados como non presentados a partir da realización dun 25 % das actividades. Os alumnos a tempo parcial con dispensa deberán falar co profesor durante as duas primeiras semanas para comentar as alternativas á evaluación contínua na primeira oportunidade. En todo caso, o alumno deberá facer dous traballo escritos (60 %) e logo o exame. A avaliación na oportunidade de xullo dividirase do xeito seguinte: 40% exame final + 60% actividades que sustituirán o traballo feito na clase durante a avaliación contínua e que se especificarán ao publicar as notas da primeira oportunidade. Os alumnos repitirán o que necesiten.
|