Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
Asignatura | Linguas do Mundo | Código | 613G01030 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Terceiro | Optativa | 4.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Traballos tutelados | O alumno deberá desenvolver as actividades avaliables propostas. As profesoras prestaranlle axuda no momento en que o precise e demande. Unha das actividades poderá ter carácter grupal, co fin de desenvolver a capacidade de traballar en grupo de xeito colaborativo. |
Sesión maxistral | As profesoras exporán os contidos xerais do tema. Potenciarase en todo momento a discusión e o debate. |
Obradoiro | Constituirá a metodoloxía básica de traballo nas sesións presenciais e non presenciais. No obradoiro combinaranse distintas metodoloxías (estudos de caso, solución de problemas, discusións dirixidas...) e desenvolveranse tarefas eminentemente prácticas co apoio e supervisión das profesoras, co fin de asentar os contidos aprendidos mediante a súa aplicación. |
Proba mixta | Proba que integra preguntas tipo test e un mapa no que deberán situarse as principais familias de linguas do mundo (40% da cualificación final). |
Lecturas | Conxunto de artigos e capítulos de libro seleccionados polas profesoras para a preparación dos distintos contidos da materia. |