Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
Asignatura | Técnicas de Investigación Literaria | Código | 613G01042 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Cuarto | Optativa | 4.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Sesión maxistral | A1 A16 B1 B2 B9 B10 C3 C8 | Valorarase a asistencia e a participación activa do alumno nas aulas. |
10 |
Proba mixta | A1 A2 A11 A14 A17 B6 C1 C3 | Se valorarán as habilidades e destrezas aprendidas no curso. | 50 |
Presentación oral | A2 A11 A14 A15 B1 B2 B3 B5 B7 C3 | Valorarase a axilidade na presentación e no uso de recursos, a capacidade de organización e o uso correcto e suficiente da bibliografía. Entregarase copia dixital ao profesor. | 40 |
Observacións avaliación | |||
As anteriores porcentaxes son orientativas. Para completar a información, cómpre ter en conta o seguinte: 1. O 50% da cualificación final obterase pola proba mixta. Para aprobala, e para aprobar a asignatura, deberase obter nela un mínimo de 4 sobre 10. Por exemplo, un 3 nesta proba non é posible compensalo cun 7 pola suma doutras actividades e a asistencia. 2. O 40% obterase pola realización de actividades na aula durante o curso. 3. O 10% restante corresponde á asistencia, participación e desempeño de cada estudante no decorrer do curso, con atención á aprendizaxe colaborativa. 4. Para obter cualificación é indispensable realizar a proba mixta. 5. Toda avaliación positiva será gardada para a cualificación da segunda oportunidade, en xullo. En caso de estar suspensas ou non realizadas, efectuaranse entón as probas pertinentes. Isto serve igualmente para a cualificación do 10% contemplada no punto 3, que se manterá na segunda oportunidade. 6. O alumnado con dispensa académica recoñecida deberá comunicalo por escrito a luis.caparros@udc.es, co asunto: “Dispensa de asistencia", en canto comece o curso ou sexa efectiva a matrícula. A dispensa académica elimina neste caso o 10% correspondente á asistencia. Esa porcentaxe trasládase a un traballo concertado co profesor, que sería o 10%, e o 40% restante a un exercicio práctico relacionado coa materia. Con todo, dado o carácter fundamentalmente práctico desta asignatura, non se recomenda esta opción. 8. Calquera forma de plaxio, como a cita de traballos alleos sen a marca de tal ou sen a referencia correspondente, suporá o suspenso para a proba ou traballo. O mesmo aplicarase a calquera forma de copia indebida nas probas ou exames. O control farase mediante o programa de detección de plaxios Turnitin, autorizado pola Xunta de Facultade. 9. Forma parte das obrigas do alumnado estar ao corrente do curso e das actividades mediante a consulta periódica da plataforma Moodle. 10. Lémbrase que os dereitos e deberes do alumnado da UDC están recollidos no Estatuto do Estudantado, na web institucional: |