Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
Asignatura | Análise Lingüística de Textos Españois | Código | 613G01047 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Cuarto | Optativa | 4.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Obradoiro | A1 A2 A5 A10 A11 A15 A16 B1 B5 B7 B10 | Ao longo do cuadrimestre realizaranse análises e comentarios de diversos textos. Evaluaranse catro (dous sincrónicos e dous diacrónicos) dos realizados dentro ou fóra da aula. Avisarase con antelación da data da corrección en clase ou de entrega. | 60 |
Proba práctica | A5 A15 B7 | Na data sinalada no calendario oficial de exames da facultade (o día 4 de xuño ás 18:30 h) terá lugar unha proba práctica na que os alumnos realizarán dous comentarios de texto (un sincrónico e outro diacrónico) aplicando os procedementos utilizados a longo da materia. | 40 |
Observacións avaliación | |||
Os alumnos que superen a materia na primeira oportunidade e asistiran asiduamente ás aulas (sen ningunha falta de asistencia) obterán un punto extra na cualificación final. En tódalas actividades escritas, valorarase o uso correcto e adecuado da lingua española. Penalizaranse as faltas de ortografía, as de puntuación e a redacción deficiente. Dependendo da gravidade da falta, por cada unha se descontará da nota entre 0,5 puntos e 1 punto. A penalización será menor no caso dos alumnos Erasmus ou de outros programas de intercambio. A cualificación obtida na proba mixta ou exame ten que ser como mínimo un 4 (sobre 10) para poder aprobar a materia, tanto na primeira oportunidade como na segunda. Se na primeira oportunidade a materia está suspensa e a nota do exame foi inferior a 5, na segunda oportunidade hai que facer o exame de novo. As actividades entregadas fóra do prazo estabelecido penalizaranse un 50% da nota. Calquera falta de honradez académica (plaxio, é dicir, utilización de textos ou ideas doutros autores sen indicar a procedencia, copiar en exames, copiar traballos, ou outras formas) penalizarase coa anulación total da actividade de que se trate. Obterán a cualificación de NP (no presentado) os alumnos que non se presenten ao exame, aínda que realizaran o resto das actividades. A materia poderá ser adaptada a estudantes con necesidades especiais. Os alumnos que teñan que superar a materia na segunda oportunidade recuperarán as actividades que teñan suspensas coas mesmas porcentaxes (comentarios sincrónicos ou diacrónicos en conxunto e/ou proba práctica). A proba será o día 14 de xullo ás 18: 30 h. Para recuperar os comentarios as profesoras propoñerán novos textos e se entregarán a través de Moodle antes do 8 de xullo. Na convocatoria adiantada de decembro (finalización de estudos) a avaliación farase cun exame teórico-práctico. Recoméndase un nivel B2 ou superior para seguir a materia con éxito. Alumnos con dispensa académica de exención de asistencia Os procedementos e as porcentaxes de avaliación serán as mesmas que para o resto dos alumnos, nas dúas oportunidades. Os comentarios entregaranse en tódolos casos a través de Moodle, onde haberá un apartado especial para estes alumnos. As titorías concertaranse por correo electrónico e se realizarán en horas adecuadas tanto para o alumno como para as profesoras. Estes alumnos deben estar especialmente pendentes da comunicación a través de Moodle e do correo electrónico. |