Lecturas |
O alumnado preparará, fóra de clase, as lecturas que a profesora indique. |
Obradoiro |
Desenvolverase un obradoiro de composición de textos.
O obradoiro sustentarase basicamente no traballo persoal de cada alumno/a e no traballo grupal; sexa nun caso ou sexa no outro, a profesora tutelará constantemente a aprendizaxe do estudante. |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
Asistencia e/ou participación en eventos científicos e/ou divulgativos (congresos, xornadas, simposios, cursos, seminarios, conferencias, exposiciones, etc.) que permiten profundizar no coñecemento de temas de estudio relacionados coa materia. |
Proba mixta |
Realizarase unha proba mixta en xaneiro e outra en xullo os días sinalados oficialmente pola facultade.
Nesta proba avaliarase a consecución das competencias adquiridas: o coñecemento dos mecanismos básicos de descrición do español, a asimilación das lecturas realizadas e a aplicación destes coñecementos á práctica. Así mesmo, valorarase notablemente o rigor e a corrección no uso da lingua.
|