Proba mixta |
A3 A6 A10 A11 A16 B1 B3 B6 |
No exame final o alumnado deberá demostrar o seu dominio dos contidos teóricos e das destrezas practicadas nas aulas. Este exame consistirá en preguntas breves (ex., definicións de termos críticos e períodos, identificación de fragmentos dos textos estudados, análises, etc.). |
50 |
Discusión dirixida |
A2 A6 A7 A9 A11 A15 B4 B5 B7 B8 B10 C2 |
É obrigatorio facer as lecturas asignadas para cada día e resolver as posibles dúbidas de vocabulario antes de ir a clase.
O/A estudante que non teña feitas as lecturas antes das clases deberá facelo na aula, perdendo a oportunidade de participar nas actividades da clase e de obter a puntuación que estas outorguen.
As actividades de clase poden consistir en exercicios orais e escritos, individuais ou en grupo, tales como facer resumos, análises, debatir, interpretar, identificar, etc. |
20 |
- A segunda
oportunidade de avaliación en xullo consistirá nas seguintes seccións, que se
realizarán na data oficial do exame final:
1) un exame escrito con un deseño idéntico ao
do exame final na primeira oportunidade, e que computará o 50% da nota;
2) unha sección adicional de preguntas (sobre
as lecturas analizadas) que substituirá a sección "Discusión dirixida” da
primeira oportunidade, e que computará o 20% da nota;
3) e unha redacción argumentativa sobre as lecturas
feitas durante o cuadrimestre, que substituirá a sección "Traballos
tutelados" da primeira oportunidade e que computará o 30% da nota.
Cada estudante deberá completar
a(s) sección(s) que non superara na primeira oportunidade.
- Un
aprobado obtense a partir dunha nota de 5 sobre 10. Sen embargo, na primeira
oportunidade de avaliación, deberase obter unha nota mínima de 4 sobre 10 na “Proba mixta”
para poder superar a materia. Na segunda oportunidade, deberase obter esta
mesma nota mínima na sección 1 da avaliación.
- O alumnado terá a
posibilidade de obter ata un punto extra para sumarllo á súa nota final de
curso. Darase máis información na aula e a través de Moodle ao principio do
cuadrimestre.
- Obterase unha
calificación de "non presentado" por non acudir ao exame e/ou
por ter completado traballo de curso que represente unha porcentaxe inferior ao
50%.
- O alumnado
matriculado a tempo parcial e que teña concedida unha dispensa
académica deberá porse en contacto co profesorado da materia a principio de
curso e avaliarase do mesmo xeito que o especificado para a oportunidade de
xullo.
- O alumnado que se
presenta á convocatoria adiantada de decembro avaliarase
segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo.
- O profesorado pode
usar o servizo de detección do plaxio “Turnitin” para revisar o traballo do
alumnado. O plaxio en calquera actividade significará a
cualificación de "cero" nesta actividade.
- Todos os traballos
e actividades deberán ser entregados en tempo e forma para así evitar unha
penalización do 25% sobre a nota obtida nos mesmos.
|